Hai pouco máis de 2.000 anos que Herodes, para desfacerse do Neno Xesús,mandou matar ós menores de dous anos da bisbarra de Belén. Na actualidade pululan novos herodes que, vestidos con pel de ovella, no nome da democracia e da defensa dos dereitos da muller, eliminan, por afán de lucro, milleiros e milleiros de seres inocentes nas clínicas abortistas. Outros herodes, en vez de apoiar ás embarazadas con dificultades, presiónanas para que aborten, quedando elas esnaquizadas e traumatizadas psicológicamente por privaren do dereito á vida ao fillo das súas entrañas. E onde está o pai, o gran ausente? Non ten voz para protestar? Onde está a igualdade? Onde están os dereitos humanos? Outros, no nome do progreso,promulgan leis que atentan contra os dereitos e contra a dignidade da persoa, e, como consecuencia, xeneran unha sociedade enfermiza, que supura egoísmo por todas partes. Do mesmo xeito que o Neno Xesús estorbaba a Herodes, agora, no nome dunha laicidade mal entendida,tamén o queren sacar do medio; non se decatan de que Él é o único que pode curar todas estas feridas co bálsamo da paz e do amor. Como proclamaba Bieito XVI na súa mensaxe do Nadal,“se cadaquén só pensa nos seus intereses, o mundo encamíñase á ruína”… “Que brille a luz do Nadal onde se atropela a dignidade e os dereitos da persoa, onde os egoísmos persoales ou de grupo prevalecen sobre o ben común,onde se corre o risco de acostumarse ao odio fratricida e á explotación do home polo home”.