A recente aprobación da Lei pola que se modifica a Lei 7/1996, de desenvolvemento comarcal, supón un gravísimo precedente discriminatorio entre traballadores de entes públicos da Xunta de Galicia, neste caso vinculados o plan de desenvolvemento comarcal: Sociedade de Desenvolvemento Comarcal e Fundacións Comarcais, todos eles participados o 100% pola Xunta de Galicia. Por un lado integran na Axencia galega de Desenvolvemento Rural -AGADER- e no Banco de Terras de Galicia -BANTEGAL- a tódolos traballadores da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal (máis de 125 traballadores), garantídolle expresamente a súa estabilidade laboral, independentemente de que teñan pasado ou non un proceso selectivo; incluindo tamén ós traballadores contratados no seu día a través de empresas privadas como Ferroser e Cristín S.L. Pola contra á trintena de traballadores fixos das Fundacións Comarcais (Fundacións públicas o 100% da Xunta de Galicia) que si superaron un proceso selectivo conforme os principios constitucionais de acceso á función pública: igualdade,mérito, capacidade e publicidade, non se lle garante o emprego estable, que en teoría tanto apoia e subvenciona a Xunta de Galicia. Os sindicatos CCOO, UGT e CIG están a esixir a estabilidade laboral deste colectivo e denuncian como se persegue e promove o despido encuberto destes traballadores, calificando de incoherente, intencionada e maliciosa a actitude dos dirixentes da Consellería do Medio Rural, sen que ata o momento haxa ningunha resposta por parte da Xunta de Galicia.