A pobreza esquencida

Francisco Javier Cerqueira
Villarroel
Vigo

 

A HOAC (Hermandaz de Obreros de Acción Católica), diante desta situación de crise, no remate do ano 2008 e nunhas datas coma as do Nadal (co inverno duro que se prevé), vémonos obrigados a alza-la voz ante a grave situación que viven as persoas sen teito e marxinadas e a denunciar a pasividade das administracións, tanto a Xunta e a Deputación coma o Concello, deixando que se deterioren edificios tales como o da Casa de Acollida de Mulleres,a infrautilización da Casa do Mar,e ó non porse de acordo sobre a concesión do Albergue no Fogar San Pelaio,etcétera. Apelando á defensa dos dereitos humanos, como cidadáns e coa nosa fe en Xesús que ama os pobres e marxinados, esiximos destes organismos que tomen xa unha decisión sobre estes problemas que afectan ós máis pobres e marxinados da nosa cidade. Luis Calvo Cuesta. Presidente da HOAC de Tui-Vigo Vigo — — Camiño do Raviso A Asociación de Veciños de Sárdoma “O Carballo” diríxese á opinión pública a través deste xornal para aclarar un tema que un determinado grupo de persoas (non máis dunha ducia), está utilizando como arma arroxadiza para crear malestar entre os veciños e esta asociación. Este “polémico”tema é o cambio realizado na dirección do tránsito viario no Camiño de Raviso, o pasado mes de outubro, que pasou de ser dobre dirección a ter un só sentido de circulación en sentido ascendente ente a Estrada do Freixo e Estrada de Miraflores. O devandito cambio na circulación vén dado por unha reclamación feita polos veciños directamente afectados,que desde fai xa máis de catro anos viñan solicitando ao Concello de Vigo que esta era a solución aos problemas que sufrían co tráfico, tales como invasión da beirarrúa por parte dos vehículos debido á estreiteza da rúa e ao continuo paso de furgóns procedentes do mercado central de froitas, que se atopa nas inmediacións, co consecuente perigo para os peóns e a continua rotura de tellas nas casas máis próximas á calzada, debido a que son casas de planta baixa e que foron construídas na súa maioría, cando o Raviso non era máis que un camiño. O pasado mes de marzo nunha reunión nos locais desta asociación, acordouse levar a cabo unha recollida de firmas entre os veciños deste camiño para saber cal sería a opción máis apoiada de entre as tres que se barallaban. Esta recollida de firmas deu un apoio maioritario á opción do sentido único ascendente con trinta e sete firmas a favor, fronte ás dúas do sentido descendente e as catorce a favor de deixar a rúa con dobre dirección, tal e como se atopaba nese momento. Este resultado foi entregado ao Concello por rexistro, para que os técnicos do departamento competente decidisen e obrasen en consecuencia. O que molesta a esta asociación é que este grupo que na súa maioría reside nunha rúa adxacente, en lugar de axudar dedicáronse a recoller firmas en contra da decisión dos seus conveciños por outros barrios da cidade e a persoas que nada teñen que ver con devandito problema. Chegando ata a publicar unha nota en prensa acusando a esta asociación de utilizar un método de decisión de carácter dictatorial e ao Concello de pór en perigo as súas vidas tras este cambio de dirección, alegando que xa non poden entrar e saír das súas casas por onde sempre o facían e que a única opción pasa por un cruzamento situado entre dúas curvas e sen visibilidade, situado en Ponte Segade.Isto non é certo, pois ademais desta opción que dispón dun espello de referencia, contan coa de facelo polo citado Camiño de Raviso, cuxo único contratempo real para este grupo de veciños é que se desexan tomar a dirección descendente de Avda.de Madrid,deben facelo accedendo antes a Estrada Provincial o que supón un pequeno rodeo de apenas trescentos metros, é dicir saír de casa dous minutos antes

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009