Son unha das veciñas que o pasado mércores asistiu ó pleno que se celebrou no Concello de Nigrán, e por primeira vez nos meus 32 anos, sentín o que era a impotencia. Son veciña de Nigrán “dos de toda a vida” e deume vergoña a actitude nos meus representantes políticos,eses políticos que se negaron a falar co seu pobo,eses políticos que unha vez que se sentan no sillón do poder pechan os ollos, esquécense e miran para outro lado sin importarlle o máis mímino os seus conveciños. Son xoven, traballadora e independente, pero non podo vivir no sitio que nacín, preto desa praia que tanto boto de menos, denuncio a impotencia que sentimos, a rabia, e a dor.Todas as propiedades dos meus pais están afectadas: carril bici, plan integra, plan de vivenda. O prezo da vivenda en Nigrán é totalmente desorbitado, e como muitos outros tiven que marchar. Ahora dinnos que farán 1.950 vivendas de pisos protexidos, realmente hai tanta demanda no noso concello? Ou, é que van vir vivir a Nigrán todos aqueles que non son quen de optar a unha vivienta de protección oficial en toda Galicia?,é decir,primeiro están os de fora e depois nos. Non importa derribar casas, desmembrar fincas, arruinar a veciños.O importante é edificar por edificar, pór a tapadeira das vivendas protexidas para tapar proxectos como o da finca da Rabaleira, e non dar aprobado un plan xeral para que os veciños poidan construir as súas casas. Rogo encarecidamente que non xuzguen os veciños que protestamos no pleno o pasado mércores, defendemos as nosas casas, as nosas propiedades, a nosa vida,vendo como todos vostedes se rín de nós,decidindo por ter o poder na súa man. Veciños de Nigrán, sí as vivendas de protección, non á edificación masiva,non á especulación. Nigrán somos os veciños, señor alcalde,e o primeiro que vostede debería facer é escoitarnos, moitos crimos en vostede e grazas a nós vostede, está donde está ¡Qué pena!