¿A quen defenden os sindicatos na Administración?

Mercedes Belzunce Segarra
Vigo

 

Aos traballadores desde logo que non... Probablemente a xente que xa peinamos canas temos unha idea dos sindicatos que non ten nada que ver coa “amalgama”que negocia os nosos intereses, pero ¿por que?,¿por que os nosos representantes venden os intereses dos traballadores?,¿a cambio de que?.. Somos un colectivo que accedimos á administración hai casi vinte anos mediante un concursooposición, pasamos por muitas cuitas,xuizos,un plan do emprego do I.N.E.M. aprobado por resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública o 19/06/1995 (B.O.E. 149) “...a súa incorporación á función pública da Comunidade Autónoma de Galicia realizarase nos termos que resulten da súa execución ... (personal indefinido no fijo en plaza a extinguir)”, resolución 9ª bis do 4º Convenio Colectivo... Cando xa conseguimos certa estabilidade atopánomos cos representantes sindicais (U.X.T., C.C.O.O.,C.I.G., C.S.I.F.) que firman as nosas prazas vacantes para un concurso nun, paradoxicamente chamado,“acordo para a ordenación e mellora do emprego público no ámbito da administración da Xunta de Galicia,incumplindo, incluso, os acordos admón-sindicatos e poñendo os nosos postos na corda frouxa. Pensamos que nos sindicatos terá que haber algunha directriz para que, en ningún caso, se lesionen os dereitos xa adquiridos polos traballadores ¿ou non? ¿Son estos señores os que falan na radio e na T.V.de precariedade laboral? ¿A quen defenden? ¿Non se entera a cúpula do sindicato do que firman determiandas persoas? ¿Por que noutras Comunidades Autónomas teñen o problema resolto dende hai anos? ¿Qué que da o mesmo patronal-sindicato ou sindicato-patronal? ¿A quen representan? ocúrrensenos tantas preguntas... e tantas respostas...Que pena que a loita de tantos e tantos sindicalistas polos dereitos dos traballadores quede estéril pola mala xestión duns poucos,a verdá é unha pena.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya