Son as nove e cuarto da noite do venres día doce. Hai aproximadamente media hora, unha amiga miña e máis eu estivemos a piques de sermos atropelados por un coche de gran potencia, conducido por un irresponsable, diante da porta do Edificio Multiusos de Chapela.A cotío, uns mozos, entran na zona conducindo a velocidades excesivas e facendo derrapaxes cos seus vehículos nunha pequena explanada moi concurrida polos veciños e por moitos nenos que alí xogan por haber tamén un parque infantil. Nós tivemos sorte, e polos pelos evitamos o golpe; e prefiro non pensar nas consecuencias de ter estado xusto nese punto, e nese momento,unha das nosas fillas ou calqueira outro neno dos varios que xogaban xusto ó lado nas randeeiras. Mais non é este o único problema que causan.Calqueira que por alí vaia, poderá comprobar o estado lamentable no que se atopa a porta principal deste edificio público.O lixo que alí deitan, as pintadas e os destrozos na estructura das paredes que teñen provocado os tipos que usan o lugar como punto de reunión, convirten o acceso a un centro de cultura e esparexemento nun espazo noxento e desagradable.A papeleira que alí hai, é para eles invisible. Cónstame que de tales problemas xa teñen coñecemento no Concello de Redondela, e sei de certo que até hoxe ningún responsable político do mesmo ten tomado o máis mínimo interés en solucionalos. Son dúas cuestións importantes:a de impoñer o respecto que se debe a un ben colectivo e de utilidade para a nosa comunidade,e a fundamental de garantir a seguridade física dos veciños e os nenos que frecuentan esa área de lecer e xogo. Señores alcalde e concelleiros: adopten as medidas oportunas sen demora, e poñan freo xa a unha situación que vai ocasionar algunha desgraza de seguro. As lamentacións posteriores non servirán de nada, e aínda están a tempo de evitala. E desexo lembrarlles que en Chapela tamén pagamos á Policía Municipal.