EN DIRECTO

Fundacións Comarcais

Francisco Pérez Novo
A Fonsagrada

 

O Parlamento de Galicia aprobou o 25 de novembro, unha Lei sobre o Desenvolvemento Comarcal que incumple os dereitos fundamentais da Constitución Española: - Por unha banda, e por primeira vez na historia, incorpora a entes públicos da Xunta diverso persoal da actual Sociedade Anónima Comarcal sen ningún tipo de oposición, en contra dos principios constitucionais de acceso á Administración Pública, e en contra do Estatuto Básico do Empregado Público, que obrigan a cumprir os requisitos de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria. Tamén se integran noutros entes públicos da Xunta a persoas que foron contratadas por empresas privadas. Todo esto senta un precedente de arbitrariedade e discriminación, polo que o acceso á Administración Pública queda ao que decida o capricho do que goberne, pasando por alto todas as oposicións. - Por outra banda, en contra do artigo 14 da Constitución Española vai discriminar a traballadores de entes públicos exactamente iguais da Xunta: os da Sociedade Anónima Comarcal van ser recolocados e os das Fundacións Comarcais non (todos os das Fundacións Públicas Comarcais temos accedido por oposición de acordo cos principios constitucionais de acceso á Administración Pública, e ademais as Fundacións Comarcais están declaradas expresamente públicas da Xunta de Galicia según o disposto no artigo 58 da Lei 12/2006 de Fundacións de Interese Galego). Os traballadores das Fundacións Públicas Comarcais pedimos que se corrixa esta auténtica barbaridade nunca vista, garantindo igualmente a nosa estabilidade laboral.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya