ULTIMA HORA
Juana Rivas se entrega a la justicia en Granada tras casi un mes desaparecida

Afectados polo polígono Mos-Redondela

María Elena González Tomé,
María Mercedes Senra
Vázquez, Josefa Rodríguez
Vilaboa e 693 sinaturas máis
Saxamonde-Redondela

 

Estimado Bipartito: somos veciñas e veciños da parroquia de Saxamonde afectados polo Polígono Industrial que lle chaman de Mos- Redondela.Aínda é un proxecto, polo que quixeramos,nesta breve carta,realizar unha pequena reflexión e estender un convite. Nos seus discursos vostedes sempre falan de grandes números. Mencionan os kilómetros de estradas, autovías ou AVE; os metros cuadrados de chan industrial. Son números que colocan como garante do benestar dos galegos/ as.Desde Santiago son dados a falar de macrocifras e esquecer que en cada número,detrás de cada metro cuadrado,baixo cada kilómetro, hai persoas. O benestar das persoas non se mide en cifras ou metros cuadrados. Benestar é ter como veciños outros veciños que viven en casas e non naves industriais que,todos sabemos, non son habitables. É que as noites sexan noites e non permanentes focos de luz, e cando cante o cuco non se escoite só ruído de industrias. Benestar é saber que no día de mañá os nosos fillos recibirán un mundo algo mellor que o que nós recollemos.O benestar é un sentimento de tranquilidade. E non podemos estar tranquilos sabendo que as decisións que se toman non contan co máis importante que ten este país, os seus habitantes. Convidamoslles sinceramente que veñan á extrema entre Mos e Redondela.Paseen un domingo pola tarde coa súas familias pola área recreativa do Chan das Pipas, paseen polo Camiño de Santiago, a Vía Romana ou o recén restaurado Camiño da Auga.Veñan e camiñen, como agora se pode, pola estrada que vai de Os Valos a Guizán e falen cos veciños, vexan como vivimos.Pódense asomar ata o Coto do Gran e apreciar en toda a súa extensión o Val do Maceiras. Todo antes de que se aprobe o proxecto do Polígono Industrial, claro! Os proxectos non se poden redactar desde os despachos. Hai que pisar a terra que se pretende ocupar. Hai que falar cos veciños que se pretenden ordenar.Para facer país,para progresar,hai que saber e coñecer os nomes dos lugares e das persoas que viven neles. O progreso e a construción do país non se poden facer de costas á cidadanía. Se finalmente vostedes se acercan a este lugar,verán que é un territorio poboado, con proxectos de vida realizándose e outros por realizar.Verá que o noso monte non está desordenado,é o Polígono quen desordena, ou se prefiren, desestrutura o territorio.Encaixonado entre tres parroquias, lindando con múltiples vivendas con persoas que as habitan,con accesos perigosos, coas afectacións nas augas de traída,o Polígono nin trae progreso, nin fai país. Este polígono condena esta zona e destrúe non só o entorno e a paisaxe, senón o que é máis importante, as vidas dos veciños. Pásense por esta terra para comprobar que o benestar non se debuxa nos planos nin se mide en metros cuadrados, senón que se camiña no terreo e se valora cada día.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya