Chegaron como a primavera,co retorno das andoriñas, cas raiolas do sol que fan madurecer os marmelos, co florecer de laranxos e cerdeiras, co arrecedo a herva a fiuncho a mentrasto co sorriso aberto e luminoso.Viñeron con anceios de liberdade coa incertidumbre dunha nova experiencia a incorporación ao mundo do traballo trouxeron xuventude novos valores e ideas da savia nova e folgos para souvir ao tren da vida e acadar un contrato fixo. Souperon da realidade do duro traballo que ninguén regala nada que levar un salario a casa moito esforzo moitos madrugóns, traballar oito horas arreo nunha cadea de montaxe, pintura, prensas ou calquer posto da fábrica non e doado. Pero viñan ca esperanza dun traballo seguro para empezar a vida algúns con cargas sociais fillos e hipotecas con anceios de crear unha familia. Nos os recivimos coa ilusión dun relevo xerenacional como se foxen fillos e fillas e tratamos de coa experiencia que dan moitos anos de traballo ensinarlles valores de amizade compañerismo solidaridade eo valor que ten o traballo ven feito e arroupandoos como antes outros nos fixeran a nós. De súpeto como un lóstrego, unha noticia espallouse pola cadea de montaxe,asiña moitos compañeiros e compañeiras ian quedar sen traballo pola suspensión dun turno de noite. Ca chegada do inverno cando paseniño caen as follas das árbores e murchan as flores ea caron das carballeiras acouga o cogumelo nun Nadal de tristura. Un vento de crisis rachou coa primavera e truncou moitas esperanzas e ilusións,e a incertidumbre de verse nas listas do paro cun porvir cheo de negros nubarrons. E namentres aquí seguimos nos no monótono rular da cadea de montaxe agardando que fuxan os malos ventos que traen paro,e miseria a nosa terra cun desexo que,oxala asiña olva haber traballo e prosperidade e a estrela da fortuna que nos alumea,escentile de novo e no vindeiro ano volvan os que se tiveron que ir.