Chegaron como a primavera, co retorno das andoriñas, cas raiolas do sol que fan madurecer os marmelos, co florecer de laranxos e cerdeiras,co arrecendo a herva,a fiuncho,a mentrasto co sorriso aberto e luminoso. Viñeron con anceios de liberdade coa incertidume dunha nova experiencia a incorporación ao mundo do traballo; trouxeron xuventude, novos valores e ideas de savia nova e folgos para souvir ao tren da vida e acadar un contrato fixo. Souperon da realidade do duro traballo, que ninguén regala nada, que levar un salario a casa costa moito esforzo,moitos madrugóns, traballar oito horas arreo nunha cadea de montaxe, ferraxe, pintura, prensas ou calquer posto da fábrica non é doado. Pero viñan ca esperanza dun traballo seguro para empezar a vida, algúns con cargas sociais, fillos e hipotecas con anceios de crear unha familia. Nos os recibimos coa ilusión dun relevo xeneracional como se foxen fillos e fillas e tratamos de coa experienza que dan moitos anos de traballo, ensinarlles valores de amizade, compañerismo, solidaridade e o valor que ten o traballo ven feito e arroupandoos como antes outros nos fixeran a nós. De súpeto como un lóstrego, unha noticia espallouse pola cadea de montaxe,asiña moitos compañeiros e compañeiras ían quedar sen traballo pola suspensión dun turno de noite. Ca chegada do inverno, cando paseniño caen as follas das árbores e murchan as flores e a carón das carballeiras acouga o cogumelo nun Nadal de tristura. Un vento de crisis rachou coa primavera e truncou moitas esperanzas e ilusións, e a incertidume de verse nas listas do paro cun porvir cheo de negros nubarróns.E namentres aquí seguimos nós no monótonos rular da cadea de montaxe, agardando que fuxan os malos ventos que traen paro, e miseria a nosa terra cun desexo que oxalá asiña volva haber traballo e prosperidade e a estrela da fortuna que nos alumea, escentile de novo e no vindeiro ano volvan os que se tiveron que ir.