EN DIRECTO

Pode malograrse o novo centro de saúde en Tui

Xosé Gundín García
Tui

 

Proximamente irá ó Pleno da Corporación Municipal a cesión ó Sergas da propiedade do solar en Casal Aboy para o novo centro de saúde. Parecen verosímiles as noticias que anticipan que o grupo municipal do PP absteríase neste asunto. Contando con que BNG e T.U.I. voten en contra, como xa viñan facendo por desacordo co emprazamento en Casal Aboy a abstención dos sete votos do PP deixaría reducidos a A.T.e PSOE,seis votos, os favorables á cesión da propiedade. Só con seis votos non se transfire a propiedade do solar ó Sergas. Unha cesión de propiedade municipal require máis do 50% dos votos do pleno,i.e:nove ou máis. O respecto déixeme o grupo municipal do PP de goberno do consistorio, aportar catro reflexións. A primeira: abstención significa indiferencia. Non é concibible no alcalde e no grupo de goberno do consistorio a indiferencia ante a alternativa de conseguir ou perder o centro de saúde. Se preguntase: ó grupo municipal do PP elles igual que teñamos ou non un novo centro de saúde? A resposta será un ¡non! Pois o consecuente e actuar, non quedar pasivo. A segunda: absteriádesvos porque o lugar en Casal Aboy non é o que vos queredes? Vos houberades querido o mesmo lugar onde agora está, foi o Sergas quen non aceptou ese sitio. Hai outros catro membros da corporación que votando en contra manifestan o seu desgusto co novo lugar en Casal Aboy. Catro que votan en contra e sete que se absteñen fan once. Poderiades poñervos de acordo nove deses once para sacar adiante outro lugar que o Sergas valide? Se así fose teriades todo dereito a tentalo.Pero se así non fose, porque non vos puxerdes dacordo ou porque o Sergas non o acepte, non por iso habería que absterse e abortalo proceso que desde hai uns meses está en marcha. Por entendermos, o obxectivo principal é conseguilo novo centro de saúde, secundario –e que non depende só do consistorio– é o lugar onde se emprace. Sería vicio facer prevalecer o secundario sobre do principal,aínda que fose feito por pasiva. A terceira: ten dito o alcalde que “abstéñense por non estorbar”. ¡Qué va! Encolléndovos de ombros é como máis estorbades. Tanto como para impedir todo resultado positivo. E a cuarta: provocar unha crise das de “tanto peor, tanto mellor” é neste caso absurdo, porque acabaría en “tanto peor para todos nós”: O Sergas non ten porque nos aturar máis.Pode collelos cartos e marchar a facer obra noutro sitio cunha boa xustificación: o concello non lle da sitio aceptable. Poderiades despois torcer tal decisión? Se é que non, seriades claramente responsables do fracaso. Só se miran dous camiños para telo novo centro de saúde: que a maioría absoluta da corporación ceda a propiedade do solar aceptado polo Sergas en Casal Aboy, ou que poña sobre da mesa outro solar aceptable para o Sergas. Se alguén sabe doutro camiño, por favor,dígao. Os usuarios, que están tranquilos pensando que o asunto está a punto de ser solucionado saiban que pode estar a punto de ser malogrado.

CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya