Os piratas das nosas rías

Gerardo García Rial

 

É moi triste,pero que moi triste ver morrer a alguén. E si a quen ves morrer,é a túa propia nai,non vos quero nin contar, pero vou facelo. Desde que o home é home,o noso mundo xa existía,ainda que dende que a terra é terra, non sempre conviviu cun ser ta aniquilador, tan brutal,e tan despiadado como o home. Xa non me quero ir polas ramas e falar do mundo en xeral, porque considero que dende cada pobo,cada recuncho deste planeta, cada un ten que exercer o seu dereito de defender a quen non pode defenderse. Eu son de Aldán, pobo tanto agrícola coma mariñeiro,pero hoxe en día cambiou moito o conto, tanto que xa non hai mariñeiros, hai piratas. Xente que se fan chamar mariñeiros, e que non son más que carrachos que pululan pola nosa pequena ría chupando, furtiveando, roubando, delinquindo e ainda por riba contaminando o mar como se fose un vertedoiro. Pescan máis do que lles permite a lei,porque ninguén os controla, collen peixes que non dan a talla, tamén se fan con centolas,nécoras e santiaguiños cando están en veda,e as venden casa por casa, bar a bar,cando non as venden nas prazas ou na lonxa. O mar non durme tranquilo, a tódalas horas estanlle a roubar o seu, están a matar a nosa e as nosas rías,porque isto pasa en todas. E o peor e que tódalas axudas que hai habidas e por haber,non lles chegan. Piratas,ladróns e sinvergoñas. E si falo é con coñecemento de causa e que sirva para que máis dun se dé por aludido, porque non vou parar ata que a cada un lle toque o que lle corresponde. E ao axuntamento, que se dé por enterado, que ten moito que aprender e moito que traballar aínda.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya