Discriminación laboral na Xunta de Galiza

Francisco Javier Pérez Novo, A Fonsagrada

 

O Proxecto de Lei polo que se modifica a Lei 7/1996, do 10 de xullo, de Desenvolvemento Comarcal, está a punto de ser aprobado no Parlamento de Galiza. De non modificarse antes da súa aprobación suporá un gravísimo antecedente discriminatorio entre traballadores de entes públicos da Xunta de Galiza, en contra dos precedentes que había ata o de agora, como o caso das Fundacións Sanitarias e outras máis, nas que o seu persoal integrouse no Servizo Galego de Saúde ou noutros entes públicos da Xunta. A Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza e as Fundacións Comarcais son entes públicos exactamente iguais, na que o traballo a desempeñar era o establecido pola Lei de Desenvolvemento Comarcal. É inaudito e indefendíbel que uns traballadores se integren en Agader ou Bantegal, todos os da Sociedade Comarcal, e teñan pasado un proceso de oposición consonte aos principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade ou non (como hai bastantes casos en que non tiveron ningún tipo de proba de acceso) e incluso os que foron contratados a través de empresas privadas “Ferroser, S.A.” e “Cristín, S.L.”. E pola contra, aos traballadores das Fundacións Comarcais, que sí tivemos un proceso de oposición consonte aos principios de publicidade, igualdade,mérito e capacidade,non se nos garante a estabilidade laboral. De facerse isto, aparte de ser unha gravísima discriminación laboral, suporá un precedente discriminatorio que supón a perda da estabilidade laboral para todos os traballadores de entes públicos, miles de persoas que verán como por capricho dos que lles toque gobernar en cada momento pode garantirse estabilidade laboral para uns si e para outros non, algo que nunca aconteceu. Incluso os deputados do BNG e do PSdeG do Parlamento de Galiza, en reunións mantidas con eles, recoñecen a discriminación e opinan que se debe tratar a todos igual, polo que non entendemos porqué non se recolle no proxecto de lei o mesmo trato para todos.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya