Agora chámanlle “non adscrito”, e aínda que non sexa exactamente o mesmo,para min seguirá sendo “tránsfuga”e tal como di o diccionario: dise da persoa que abandona un grupo para pasar ao contrario, no caso do militar dise ao inimigo. No caso de Mos,aquel que ten por iniciais G.A.P. e que se corresponde con Gerardo Alonso Porto, dedícase a saír na prensa criticando ao goberno, do que el formou parte,por decisións que este toma. Chámame moito a atención que agora critique cousas que antes non dicía,así que unha de dúas; ou antes no goberno,non actuaba con personalidade e responsabilidade ou ben agora actúa como o desertor que unha vez traspasadas as liñas do inimigo trata de facer o maior dano posible a aqueles cos que compartiu proxecto. E é que non pode ser,que todo un pobo estea sometido á dictadura dun voto secuestrado por unha persoa que no seu día se presentou e recibiu un apoio por estar baixo unhas siglas e agora resulta que os beneficiados da situación son aquelas outras persoas que non conseguindo un respaldo suficiente para poder gobernar estean agora fregándose as mans grazas ao voto secuestrado do señor de iniciais G.A.P. Isto é un sen sentido, e aínda que é certo que a lei apoia a estes que abandonando o barco se dedican a torpedear o que era de seu e do que eran parte, a dignidade dunha persoa ten que ser o primeiro e debe ser a que marque o rumbo das actuacións desta. Agora claro,se un non ten dignidade, se non é coherente coas decisións tomadas cando era parte do goberno,por que non vai seguir tendo o voto secuestrado. É unha ignominia,un descaro e unha provocación que G.A.P. se pasee polo concello e saia nos medios de comunicación facendo comentarios sobre se a alcaldesa e o goberno que preside perdeu a sensibilidade, sobre que é un goberno sen control de gasto,etc.etc.. Podería entender que esta crítica, lexítima,a fixese o grupo maioritario da oposición,pero non unha persoa que estivo no goberno e agora pasou a trincheira,igual que o desertor que pasa as liñas inimigas. O voto é do pobo e por iso debe volver ao pobo,e este que o ten secuestrado, se tivese dignidade devolvería a súa acta de concelleiro aos seus auténticos donos.Todo o demais serán excusas de mal pagador.