Xa lle chamarán

Juan Manuel Castro Carrera - Mos

 03:28  

Coñecerán vostedes centos de casos como este ou moi parecidos. En xaneiro deste ano estou na miña casa cando me empezo a sentir mal,o meu corazón esa moi acelerado e costame respirar. Acudo ó centro médico e me din que debo ir urxentemente ó cardiólogo para unha revisión,polo meu estado e polos antecedentes familiares por problemas cardíacos.Vou co meu volante preferente ó Hospital Meixoeiro e danme cita para marzo, pasados estes dous meses acudo a cita e dinme que debo facer un Ecocardiograma e que me chamarán do Hospital Meixoeiro para facer esta proba. Espero cinco meses e como non recibo ningunha chamada vou persoalmente a información de consultas externas e alí dinme que teño cita para o 25 de setembro ás 13:05 horas. Pasaron nove meses da miña primeira consulta e cando se aproxima o gran día, recibo unha chamada na que me din: “A súa cita foi aplazada, xa lle chamaremos para concertar unha nova”. Acudo persoalmente de novo o 23 de setembro a información de consultas externas do Meixoeiro e alí unha señorita me confirma que sí, que a miña cita foi anulada e que “xa lle chamarán”. Pídolle explicación do motivo de tal anulación e con malos gestos me di: “volvolle a repetir, xa lle chamarán” e “que pase o seguinte” dirixíndose ó seguinte na cola, sen deixarme tempo á réplica. Volvo para miña casa co corazón máis acelerado ca na miña primeira consulta e preguntándome ¿tendrei que esperar 1, 2, 3... 9 meses máis a que me chamen para a nova cita? ¿faranme o ecocardiograma o mesmo día da autosia? Son cotizante no réximen de autónomos e pago reglamentariamente con gran esforzo tódolos meses, a partires de agora direille a Seguridade Social “Estou en crise, tiven este mes moitos gastos, xa lle chamarei cando teña cartos para pagar a cuota”.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya