Tomiño

 

Luis Marcote - Tomiño (Pontevedra)

Non teño por costume falar en galego pero creo que debemos recuperar a nosa lingua que temos, pero da lingua non imos falar, falaremos de: Tomiño.
Si imos falar de Tomiño, famoso polos seus viñedos, pero menos famoso polas súas carencias. Son veciño de Goián, e como moita xente utilizo os servizos que me ofrece o concello.
Centro de saúde; ao ser de Goián non temos que acudir a dito centro xa que temos consultorio, pero o problema é que teño un fillo, incrible verdade nestes tempos cun fillo. O rapaz ten 13 meses e contan as lendas que no centro de saúde de Tomiño existe un pediatra, contan as lendas, por iso, son lendas. O pobre doutor que alí está di ser Pediatra, ah pero non ten titulación, ninguén repararía niso se o pobre doutor soubese algo de medicina. Agora nos diagnósticos e bo, as enfermidades dos cativos corresponden coa zona onde vives, aí existe un virus que o que está a facer estragos no teu pequeno, ou se non ten dentes e por mor dos dentes, e aínda por riba tiña unha enfermeira que sabía máis que o pobre doutor e dun día para outro din que de-
sapareceu, agora nas revisión tratan os nenos (quede claro que falo por min), coma se fosen unha persoa que acude ao médico a procura de receitas (bos días e ata maña). Menos mal que agora cambiamos de goberno nesta vila, pero para sorpresa de todos o poder da cadeira do alcalde e moi forte e ten ese sospeitoso poder de esquecemento das cousas. Solución aplicable, levar ao neno a un pediatra especializado (de pago claro está), unha enquisa en Tomiño aseguraría que o 80% da xente leva os seus fillos ao pediatra de pago, incluíndo a alcaldesa.
Escolas infantís. Nesta vila dispomos dunha escola infantil (pública), non temos ningunha privada, esta escola infantil, a pesar de non ter servizo de comedor, está moi ben, porque se asemella a unha película de suspense (a espera da chamada para que acepten ao teu fillo), menos mal que van facer outra, contan as lendas. Solución unha escola de pago.
Non me vou extender máis xa que estou limitado, (quen sabe se algún día escribo un libro sobre esta vila). Grazas por acoller a miña carta.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya