Non hai dereito, moitos traballadores dos diferentes sectores na nosa España obteñen polo seu traballo un soldo indigno, xa que moitos deles teñen ó seu cargo fillos ou persoas maiores. Como pouco teñen que traballar uns 35 ou 40 anos para poderse xubilar e poder cobrar unha pensión que non é acorde co que traballaron na súa vida. Respecto a moitas noticias acaecidas na prensa ó longo do tempo, gracias á labor dos periodistas, poucas veces recoñecida e moitas censurada, con respecto ós soldos das súas señorías no congreso, presidentes dos partidos políticos, e os demais "representantes" que nos rexen e "guían" para que España vaia o mellor posible. A realidade, discúlpenme todos, non é esa, por poñer un caso aquí en Vigo moitos pensionistas cobran 550 euros e non chegan ó final de mes, o grave é que aínda hai quen cobra menos. Fagan o favor de escoitar ó pobo e intenten arranxar estas inxustizas sociais. Non todos somos congresistas ou senadores, nin presidentes de partidos políticos, a maior parte da xente non se pode subir os soldos como as súas señorías. Deixen de meterse coa Igrexa, agora mesmo teñen na súa conta un millón e pico de pobres ós que están mantendo mentras que o señor Zapatero e o señor Solbes danlle o diñeiro as ONGs e non se sabe que é o que se fai cos cartos.

Señores, busquen solucións ós problemas, non engadan máis a unha lista que non se acaba, deixen á Igrexa, ós partidos nacionalistas, ás guerras extranxeiras, busquen o consenso aquí con todas as forzas políticas, pero que non sexa para subirse o soldo.