Fai 50 anos xa que unha gran empresa afincouse en Vigo e dende aquela a cidade enteira non parou de crecer.

A historia desta empresa remóntase ao ano 1913 cando André Citroën fundou a empresa Sociedad de Engranajes Citroën e 45 anos máis tarde chegou a Vigo. Dende ese momento a empresa tirou de Vigo. Un dos mellores directivos que tivo a empresa foi o vigués D. Javier Riera que, aparte de incrementar a plantilla baixo o seu mandato, a empresa experimentou grandes cambios que os novos directivos tratan de manter.

Con motivo deste aniversario, gustaríame destacar o que esta empresa é para os vigueses que todos estes anos as súas paredes viron pasar; cantidade de vigueses e viguesas que traballaron dando o mellor de si, para que nestes momentos esta factoría, dentro deste grupo francés, sexa a mellor e máis produtiva de todas as que teñen.

Grazas a actividade desta fábrica e máis en concreto a dos seus traballadores, PSA Peugeot Citroën, que entre postos directos e indirectos chegan ós 40.000 traballadores, pode dicirse que se non chega a ser porque elixiron Vigo, nestes momentos a cidade non sería o que é.