Durante anos ollamos como en Tomiño crecían as novas rúas, só en cemento mal estructurado. Nin unha árbore prantada, nin un anaquiño de herba, onde agacharse nos calurosos días de verán.

Canto se traballou para que o PP, poltrados nos seus sillóns durante tantos anos, deixase sitio a novas xeracións, moi ben preparadas, por certo, para afrontar un futuro das nosas xentes, máis próspero, máis moderno, botábase en falta liberdade... Que magua cando nos damos conta que tiñan razón os que dicían que o poder empobrece á xente.

A Praza da Mina non é neste intre o que se di un espazo de ocio ou de lecer, é o pulmón de aparcamento da xente, que utilizan os poucos servizos que ofrece ó noso pobo. Disque van humanizar a praza, disque... disque... en fin, o comercio e os veciños da zona non coñecen o proxecto. Fai vinte días que puxemos en coñecemento dos responsables o noso desacordo a través da asociación de comerciantes. Negáronse a mostrar o proxecto, que fosemos razoables, que esperásemos quince días para ultimalo e nolo presentarían. Xa... Ollamos nos últimos días na prensa e na radio a todo meter, o convenio da Consellería de Vivenda e sólo cá alcaldesa de Tomiño. Me temo que só era iso o que pensaban arranxar.

¡Yo mando, ordeno y hago saber! Coño! Que para iso gobernamos, non si?

Seremos sobre cincuenta familias afectadas directamente; compráronse e acondicionáronse baixos, sobre hipoteca, para teres un medio de vida, e compráronse ahí porque a xente podíase achegar co seu vehículo a mercar, e non pensedes que nos vai afectar só a nós, senón a todo o pobo, que non terá onde aparcar; Tomiño son dezasete parroquias moi dispersas e desprazarse ás grandes superficies a mercar, co seu carriño, o seu neno, e a súa presa... por chegar a traballar ou a súa casa para arrumbar ós seus.

Ben, teremos unha Praza da Mina humanizada, pero tamén teremos menos servizos que son imprescindibles no pobo. Botaredes a calle a moita xente, xunto cas súas hipotecas. E a praza convirtirase nun parque infantil cas súas pelotas de día e botellón aillado de noite, co que iso conleva para os nosos fillos.

Ninguén virá pasear a praza no inverno, parece evidente; no verán estarase mellor nun paseo polo río Miño, espazos ceibes, onde se deben buscar subvencións, para humanizar.

Baseades o que margullades un bó proxecto, no afundemento dos pequenos proxectos das xentes, e o sustento de moitas familias.

Nós, que tanto nomeamos a Castelao, no noso discurso, que diría el disto?

Algúns quedaron afogados na súa inversión, outros seguirán adiante noutro lado.