O pasado día 17 de xuño publicouse nesta sección de cartas ao director, unha asinada por Darío dos Santos, e con este mesmo título, que segundo parece quería replicar a outra enviada á devandita sección uns días antes por un tal Xosé Enrique.

Non é para nada a miña intención saír en defensa do aludido, pois o mesmo é quen de defenderse.

Eu só quero recoller algunhas afirmacións que o tal Darío fai no devandito escrito e que, como mínimo, me fan "moita gracia".

Separa as súas impresións en tres apartados: No 1º ven a dicir: "El PP ganó las elecciones de 2007 frente a dos partidos diferentes, con diferentes ideologías y planteamientos".

Hoxe por hoxe, o PP é un partido, partido, non en dous, senón en varias ideoloxías e en varios plantexamentos.

No apartado 2º referíndose ó pacto co PSOE di: "Cualquier valoración del proceso o comentario acerca de los puntos objeto de negociación no dejan de ser apreciaciones personales". Evidentemente, vaia obviedade.

E por último no apartado 3º dá unha lección de democracia incrible, di: "Democracia es asumir la realidad. Democracia es aceptar que Gondomar así no puede seguir". Analicemos, democracia é asumir a realidade, pero Gondomar así non pode seguir. É dicir, en principio non asumimos a realidade.

Para rematala di: "Democracia es no aferrarse a un bastón de mando que nunca perteneció al Sr. Antonio Araúxo". E eu digo, manda ovos o que hai que oír dos que "asumen a realidade".