ULTIMA HORA
Juana Rivas se entrega a la justicia en Granada tras casi un mes desaparecida

Ons, ás portas do verán

 

Celestino Pardellas de Blas - O Grove

Como tódolos anos e antes de comezar o verán, quero dar a coñecer unha serie de ideas para a mellora dunha das illas máis singulares de todo o litoral peninsular e pertencente ao único Parque Nacional galego.
O primeiro punto a tocar sería necesariamente o sanitario, pero coido que xa foi tocado de abondo por min e polas asociacións Pineiróns e San Roque. Noto a falla nesta xusta reivindicación, servizo médico permanente, da asociación de campistas cuxa maioría de membros recoñece esa necesidade e, en especial, dos grupos ecoloxistas moi preocupados polos paxariños, píntegas, aves mariñas, serpes..., pero despreocupados dos humanos, tendo en conta que, dous representantes destes grupos foron "elixidos", sen saber aínda como, para formar parte do Padroado do Parque.
Peirao: Outro punto grave é o estado do peirao da Illa. Leva anos nun estado deplorable, con infinidade de fochas e buracos que dificultan e fan perigoso o andar por el co risco de tropezóns, traspés..., que poden provocar un desequilibro na persoa con posibilidade de caer ao mar ou provocar algún traumatismo grave.
Contedores de lixo: Aínda que a idea de que cada persoa regrese co lixo que xerou e con elo provocar unha concienciación ecolóxica é boa, coido tamén que non vai a evitar a proliferación de lixo pola illa, quizais máis agochado, pero non o evitará. A medida, que non é mala, debe ser moi progresiva e para zonas concretas da illa, pero na zona centro (barrio de Curro) e preto das praias de Area dos Cans e Canexol, debería haber contedores de lixo dos tres tipos de reciclado.
A medida que o tempo pase e, segundo a experiencia, poderase ir quitando algún deles e pode que dentro duns anos podan chegar a quitalos todos, pero dun xeito drástico non.
Acampada: Por último agradecer a Parques que non retirase a acampada. A loita levada polos campistas foi importante. Agora só queda facela positiva, primeiro poñendo claro a administración a normativa para a acampada e facela cumprir, e por parte dos campistas cumprindo as normas que se establezan, poñendo en aviso aos representantes da administración de calquera irregularidade que ocorra e facendo un estudio en situ que sirva para redactar unha alternativa ao campismo privado que pretende Parques, é dicir, para un campismo responsable, con servizos, gratuíto e controlado pola administración.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya