En primeiro lugar gustaríame felicitalo por ser galardoado co Premio Nacional da Cultura Galega que recoñece a súa longa carreira como un excelentísimo escritor divulgando o galego por todo o mundo.

Éncheme de orgullo que unha gran persoa como vostede dedique unhas palabras ó que fora bispo do Burgo de Osma e Tui e chegou a ser arzobispo de Santiago de Compostela, o señor Manuel Lago González. Cando o nombraron bispo, o primeiro que fixo foi unha comida para os pobres, cativos e maiores. Chegou a mandar diñeiro tódolos meses baixo sobre, mentres ca outros contemporáneos seus, nunca mostraron o menor interés polas clases sociais máis desfavorecidas, estando máis preto das capas sociais altas e creando lazos cos políticos e militares da época, sendo o meu parecer indigno de ostentar tal cargo dentro da Igrexa e menos aínda de equipararse a figura do meu familiar.

Volvo reiterar a miña gratitude polas palabras amables que lle adicou a Manuel Lago González pola súa parte un mestre de escritores dos que moitos tiñan que aprender. Agradecer que coa súa boa e extensa literatura, sobre todo "Retorno a Tagen Ata" do que gardo un bo recordo, deixou unha pegada que nunca olvidarei.