EN DIRECTO

Sobre o día do Corpus ou da "Coca"

 

Eugenio Lueiro Urtaza - Vilaboa-Culleredo (A Coruña)

O día 25 de maio nun calendario que "adorna" a miña cociña, léese: "Corpus Christi", e eu quedei abraiado cando no meu pobo (Redondela) xa se celebrou o día do Corpus, para nós "día da Coca". Denantes da ollada as paredes da miña cociña, unha locutora falou acerca das alfombras florais, e dixo: "En Galicia, con buen tiempo, se celebró el Corpus en la localidad de Puenteáreas", e eu coido que o dixo moi ben, xa que como todos sabemos esa é a pronunciación en castelán. A galega, a lexítima!, xa vostedes saben cal é, mais non unha grande cantidade de ponteareanos que aínda ximen pola "Puenteareas" (sen acento na primeira "a"), como nos tempos do conde de Bugallal, ou como se di na Chapela de Redondela: "Deja ó paquete".
Gostaríame saber como don Reveriano Soutullo (fillo de ponteareán e redondelana), o cal "piaba" pola vila da súa nai, denominada a fermosa vila do Tea, terra agarimosa, culta, musical e de bon viño, onde el naceu. Non entendo esa manía de chamar "Puenteareas" a o que por lóxica ten que ser Ponteareas, sempre que predomine o senso común, que polo que vemos "non é o máis común dos sensos".
E xa para rematar, eu pregunto: Onde quedaron os tres xoves que relucían máis co sol? Haberá que botarlle a culpa ao señor Rouco Varela? Menos mal que no meu pobo, no que nacín para ben ou para mal, o meu amigo da alma "Xan Carallás", e tamén Amado González Cardama, o meu profesor, non deixan que xoguemos con estas caralladas.
E agora, despois da choiva destes días, deberiase celebrar a "Recoca", invención do doutor Pedro Otero Rey, Antonio Soto Otero e máis xente.
Como diría un "ianqui": "que teñan un bo día".

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya