Como dixo J. Cortázar no seu preámbulo ás instrucións para dar corda ó reloxo, "cando che fan un agasallo, non che regalan un reloxo, ti es o agasallo, ofrécente a ti para o aniversario do reloxo"; con isto quería transmitir a esclavitude á que estamos sometidos. Non somos libres, todo o facemos condicionados por algo.

Pero a nosa liberdade xa se viu "truncada" desde antes de nacer, xa que nós non pedimos vir ó mundo e a nosa vida vémola manexar por outros, pola igrexa, xa que ésta, dende hai séculos, condicionou a nosa vida, é dicir se unha persoa quere morrer porque está enferma e sofre non lle conceden a eutanasia, xa que a igrexa o prohibe, e arguméntao dicindo que Xesucristo morreu por nós e sen auxilio de ninguén. Ademais dinos que o noso sufrimento en vida será recompensado no "paraíso", é dicir, cando morramos.

Pero, é tan complicado que nos deixaron morrer como e cando nós o decidamos, sen que ninguén e nada se interpuña no noso propósito? Parece ser que si, que non podemos nin sequera suicidarnos, porque se non o logras vixíante e mándante a un psiquiatra para que te mediquen e así non te "enteres da misa a metade", quero dicir, para que esteas medio aparvado/a e non te enteres do que te fai sufrir realmente.

Pero, ás veces, a angustia vital que pode sentir unha persoa non a pode deter ningunha menciña.

Se realmente fósemos libres, deberiamos poder decidir sobre a nosa vida e a nosa morte.