Naqueles anos da dictadura Tui era un "nido de fascistas empedernidos", desde o alcalde e concelleiros ata os máis poderosos e ricos daquela época. A Curia tamén os apoiaban. E despois, moi lonxe, estaban os outros, os pobres, os esquecidos...

Daquela houbo uns cantos valentes que defendían aos máis débiles, como o Arcebispo Lago e o pai de Xosé Alvarez Blázquez. O Arcebispo era un home moi caritativo e todos os meses, baixo sobre, mandaba diñeiro para os pobres. O día que o nomearon Bispo fixo unha comilona para todos ós pobres, cativos e maiores, todos xuntos na súa festa.

O Sr. Alvarez era un médico moi bo e humano que atendía a todos, e en especial ós pobres (que nese tempo eran bastantes) ós que a moitos non lle cobraba a consulta e lles subvencionaba os medicamentos. Os Blázquez foron, son e serán unha familia moi querida en Tui. A cidade de Tui síntese orgullosa desta familia, deste médico tan recoñecido e con tanta humanidade e do seu afamado fillo, un gran escritor galego e Cronista Oficial da Cidade de Vigo.

Estes días, todos os seus amigos e coetáneos o lembraron na prensa, xente tan ilustre como Xosé Méndez Ferrín, gran escritor e xornalista como, entre outros, o tamén recoñecido Lalo Vázquez Gil.

Agradecer tamén a labor dun gran escritor e mellor persoa, o pai do galeguismo, don Francisco Fernández del Riego, que carga as súas costas grandes e numerosas xoias literarias e o orgullo de ser o impulsor do Día das Letras Galegas.

Solicito desde aquí al Iltmo. Sr. Rocha, alcade de Tui, un recoñecemento a esta xente, os Blázquez, adicándolles unha placa ou busto na súa honra. "O forte vento do norte matou o meu ben querido amigo unha noite".