O asunto que desperta o meu interés é que recentemente a alguén se lle ocurriu pintar de cor amarelo chillón o mercado da Ramallosa, a veira do río Miñor, no incomparable entorno da ponte románica. O feito é que choca, choca moito. Como penso que o que tuvo semellante idea non o fixo con mala intención, unha de dúas, ou o fixo sin pensar, ou tíñalle sobrado moita pintura amarela. A xeito de crítica constructiva e para que espabile, quero adicarlle esta sinxela rima:

Árbores e campos verdes, azul celeste no ceo, e azul plomizo o do río.

Color tella a dos tellados, e vermellas de cabreo as facianas dos paisanos.

Quiseche quitarlle brillo ó molote do mercado, pero por Deus galopín, con qué pega o amarelo.

Afortunadamente as miñas noticias son que a Consellería correspondente xa está no tema, para que o mercado volva a rimar.