Quixera apoia-la iniciativa para derriba-lo edificio de "El Castillo" e espero que esta proposta sirva para revaloriza-la fortaleza do Monte do Castro. Vigo ten a sorte de ser unha das poucas cidades cunha fortaleza no seu interior, aínda que, na actualidade, este monumento do século XVII permanece agochado da vista dos visitantes e habitantes da cidade olívica. Sería moi recomendable un plan de posta en valor das murallas para que éstas foran máis visibles e convertilas nun símbolo da cidade.

Por suposto este plan debería ser compatible coa conservación dos valores naturais do parque do Castro, pero sería unha mágoa que un dos monumentos máis importantes de Vigo siga sen formar parte da paisaxe urbana.

Esta pode ser unha grande oportunidade para redescubrir un vello monumento.