El conflicto de los realojos en Poio

 

Maruxa B. Vicente Domínguez - Albar (Poio)

Como veciña de Poio síntome na obriga e no deber moral de denunciar publicamente o acoso e derribo que determinados colectivos veciñais, e algún partido político, veñen sometendo ao noso alcalde nos últimos tempos.
A pasada semana acontecía un dos espectáculos máis esperpénticos e bochornosos que se lembren dende a democracia no lugar onde resido. Un numeroso grupo de "exaltados/as" agredían e increpaban, tanto verbal como fisicamente, a Luciano Sobral á saída dun pleno, que xa de antemán presumíase tenso dabondo. Un feito gravísimo que, baixo ningún concepto, pode ser xustificado nin avalado por argumentacións valeiras de contido cívico e democrático, e ata atentando contra dereitos universais. E en vista de tales feitos, non me queda outra que describir dita actuación como unha das "manifestacións máis antidemocráticas de exercer publicamente un dereito constitucional". Plantexo neste medio outras cuestións sobre as que veño cavilando estos días, e convídovos a que tamén o fagades: Onde está o límite do dereito á liberdade de manifestación e/ou expresión? En virtude de que intereses algúns medios de comunicación e partidos políticos están interesados en alimentar, cada día máis, ás masas enfurecidas con declaracións incendiarias, demagóxicas, pouco afortunadas e que faltan á verdade do asunto? A quen lle interesa que este conflicto siga no pé do cañón, e se chegase ao actual punto crítico? Que intereses pode haber para tratar de desprestixiar a actuación dun político coma Nito, con máis de vinte anos de praxe política, demócrata convencido e que traballou a reo por este país e polo seu concello? A igrexa, institución que tanto se enche a boca facendo campañas de apoio ós máis débiles e desprotexidos... non ten nada que dicir ou é que os xitanos non son tan fillos de Deus coma o resto?
Se este é un problema de orden público e venda de drogas exclusivamente, tal e como afirman algúns, onde están as forzas e corpos de seguridade do estado, non ten nada que manifestar a subdelegación do goberno? Por que o Sr. Domínguez está máis preocupado de seguir botando leña ó lume en troques de traballar para solucionar o conflicto? Ou seica pode afirmar que do alto número de veciños de Monteporreiro que viven en pisos, tamén de financiación pública, ningún deles ten coches de alta gama? Deixo aquí estas reflexións no aire...
Que cadaquén faga a súa propia e particular introspección verbo do problema e para rematar, quixera brindarlles dende aquí o meu máis enérxico apoio ó Sr. Sobral e resto do grupo municipal do BNG de Poio, porque, ao meu parecer, independientemente dos erros nos que puideran caer (que tamén son humanos), están a ser víctimas do linchamento mediático e político máis sucio e desleal que se recorde na historia do concello de Poio.
Fago un chamamento á cordura e ó diálogo como camiños para a busca conxunta dunha solución. Xa abonda de demagoxia, porque en contra do que dicía Maquiavelo, "o fin non sempre xustifica os medios"

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya