Lavacolla... aeroporto de qué?

 

Antonio Díaz - Vigo

Son moitas as "ocurrencias" que hai que escoitar a miúdo. É certo que non pillan por sorpresa a case ninguén, pero ás veces, coma no circo, rebásase o insuperable.
Aínda que pareza mentira, o Concello de Santiago pide (esixe) á Xunta de Galicia que Lavacolla sexa "o aeroporto galego de referencia". Eu non sei moi ben o que iso significa pero sona a privilixio, cacicada, parvo con padriño, tráfico de influenzas ou cousa parecida.
Da vergonza allea pensar que a alguén, a estas alturas, se lle puidera ocurrir semellante ridículo. Nunha sociedade na que priman os méritos do traballo ben feito e o esforzo aplicado no desenvolvemento do seu país, igualitaria e solidaria, é impensable semellante tesis. Segundo as necesidades, esa sociedade, debe contar coas institucións e organismos oficiais que precise (A Administración achégase ós administrados independentemente de calquera outra consideración).
Din que os caciques extinguínronse, coma os dinosaurios, pero parece que un novo centralismo doméstico pretende sustituír ó antigo, repartindo prebendas e outorgando favores, en ocasións de xeito non equitativo nin xusto.
Os vigueses sabemos moito de inxustizas. Penalizados coa perda da capitalidade por rexeitar o absolutismo fernandino, o resultado foi idéntico coa chegada do liberalismo. Hoxendía o espectáculo denigrante perpetúase en realidade como a privación do Xulgado Mercantil á máis mercantil cidade de Galicia, mentres disfrútanos a pares onde non se precisan.
Vigo si debería ser referente en realizacións ás que lexitimamente ten dereito por ser o primeiro núcleo urbán e cabeceira da bisbarra máis dinámica e emprendedora do noso país, xenerosa en aportar moito máis do que recibe. A factura histórica pendente está por cobrar, o que amosa a alta tasa de morosidade das dúas Administracións.
Se o aeroporto de Lavacolla quere ser referente de algo, ten que gañalo, non con privilexios senón demostrando que o volumen de mercadorías e de pasaxe así o require, é dicir, o mesmo que os demais aeroportos galegos. Doutro xeito haberá que afirmar que, coma noutros campos (tempo haberá de tratalos) segue habendo os preferidos/as que disfrutan de foros e regalías.
Hai tempo que a Universidade de Vigo demanda unha Facultade de Medicina para o Sur de Galicia. No norte xa hai unha, (quererán outra máis?). A alta densidade de poboación da área viguesa así o aconsella pero as Administracións non saben, non contestan. Esta carreria é prohibitiva para moitos; as plazas en Santiago son escasas, e cuberta, en parte, por cidadáns portugueses. É preferible manter facultades con menos alumnos que profesores. Non é de tolos?
As máis extrañas tropelías poden ter como suxeito paciente á cidade olívica. Imaxinan vostedes medir a temperaturas de Vigo en Lourizán, nas aforas de Pontevedra? Pois isto sucedía ata fai moi pouco. E se só fora iso...!

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya