Estase a falar moito do "concurso-oposición" (moi diferente da "oposición") de acceso ao corpo de profesorado da Xunta de Galicia -ensino primario e secundario-.

En realidade penso que é

unha consolidación de emprego do profesorado interino. A miña pregunta é, como é posible que se acumulen tantos interinos? Fágome esta pregunta porque xa houbo máis dun proceso deste tipo (dende os anos 80 cada certo tempo hai un). A explicación que che dan é que hai que arranxar a situación destes traballadores que acumularon unha antigüidade e non teñen a condición de persoal fixo, o que vulgarmente se coñece como "borrón y cuenta nueva".

O que máis me defrauda é a actitude dos sindicatos, porque, en realidade, son os artífices desta situación. Que pasa?, por qué non obrigan á Administración a convocar todas as prazas vacantes nos procesos selectivos?

Segundo o Estatuto do Empregado Público "son funcionarios interinos os que por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados como tales para o

desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira"; tamén di "as prazas vacantes

desempeñadas por funcionarios interinos deberán incluirse na oferta de emprego correspondente ao exercicio no que se produce o seu nomeamento e, se non fora posible, na seguinte, agás que se decida a súa amortización".