O que... por un puñado de votos

 

Aquilino González Fernández - Salceda de Caselas

O día 21-2-2008 o Sr. Demetrio Pereira, portavoz do PP de Salceda, enviou unha nota de prensa na que afirma que despois de 7 meses do goberno do BNG-PSOE, xa iniciaron o seu fracaso político. Utiliza como argumentos a baixada de inversións en Salceda e de non ser capaces de desarrollar o polígono industrial do Cerquido, afirmando, que cando o PP o pretendía executar, foi impedido polo BNG-PSOE mediante a realización de reunións veciñais.
Dado que como veciño me sinto aludido, quero aclarar que o Sr. Demetrio, a pesares de ter acceso aos datos do Concello, non presenta números comparativos dos investimentos. Pregunto eu: non será que non poden investir polas débedas que deixou o goberno anterior? No pleno do 29-2-2008 presentáronse pagos pendentes do 2007, ata aquel intre descoñecidos, polo valor de 652.000 euros (108.000.000 pts).
No que ao polígono do Cerquido respecta, as empresas instaláronse nel autonomamente xa que o concello non lles prestou nin asesoramento, nin planificación, nin servizos (motivo este que explica as inundacións da zona cada vez que chove). Mesmo a auga potable lla facilitaron os veciños. Ademais, sendo concelleiro o Sr. Demetrio (1991-1999), o ex alcalde esforzouse abondo para que a autovía (alternativa Este) pasase polo medio do polígono (favorecendo deste xeito ao polígono da ribeira do Caselas), dividindo en dous a parroquia. Foi unicamente grazas á loita veciñal que se desviou a autoestrada para o Oeste, e se salvou a zona industrial (FARO DE VIGO, 12-9-1991).
As reunións veciñais ás que fai referencia foron convocadas polo BNG (e non polo PSOE) e tiñan o obxectivo de evitar a ampliación do polígono aos barrios da Lomba, Becerreira, Bouzapanda, Urgueira e do Barral, xa que a industria estaba a se achegar ás casas perigosamente, chegando mesmo á porta da igrexa parroquial, destrozando así o Budiño. Foi de novo grazas a estas reunións, que se conseguiu desafectar unha parte do territorio e suavizar o dano (FARO DE VIGO, 11-03-2004).
Pódese tolerar que o Sr. Demetrio minta para gañar un puñado de votos, mesmo que sea un caradura e culpe aos outros partidos. Mais non se pode consentir que culpe aos veciños dos chanchullos que eles cometeron, porque el sabe que foi coa entrada do novo delegado da Zona Franca, o Sr. López Peña, que se anulou o proxecto. O motivo: o descubrimento de enormes la-
goas legais na compra duns terreos a favor dun empresario da zona, que xa cobrara 3 millóns de euros pola concesión de arxila e que tiña que ser compensado con 156.000 m2 polo valor de 18 millóns de euros, sumando 21 millóns de euros. Debido a este alto custo, o proxecto producía perdas, polo que se acordou a anulación do polígono, que foi ratificada polo Pleno da Zona Franca, presidido por Corina Porro (FARO DE VIGO 12-01-05/13-01-05). Daquela, o ex-alcalde (do PP) prometera publicamente convocar unha reunión veciñal que a día de hoxe aínda non se realizou.
Mentres uns pretendían lucrarse, aos veciños ofertábannos entre 6 e 18 euros o metro cadrado. E o Sr. Demetrio no canto de saír na defensa da veciñanza, demostra o seu "talante democrático" ao acusar falsamente e criticar en público o lexítimo dereito que teñen os veciños de se reuniren para a defensa dos seus intereses colectivos.

CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya