Blog 
Xa Vou!!! De Lalín a Ulán Bator
RSS - Blog de XaVou UlanBator

Sobre este blog de Sociedad

Como siempre pasa en estos casos, todo comenzó como una broma entre amigos y, finalmente, se convertirá en realidad. Cuatro amigos de Lalín verán cumplido su sueño de llegar a la capital de Mongolia, Ulán Bator, con la intención de vivir una aventura única subidos a un vetusto cuatro por cuatro. Un ...


Archivo

  • 14
    Julio
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Semaniña burocrática

     Fai tempo que non escribimos nada, pero nesta última semana todo foron percances e dificultades burocráticas. Co conseguinte desánimo e as presas ás que andivemos (e que agora resumiremos) non sacamos forzas nin tempo para escribir algo decente. Coa negativa ao paso de varias fronteiras as nosas esperanzas de continua-la viaxe foron esmorecendo, pero as nosas gañas de seguir fixeronos remexer todo o posible para continuar.

     
    Tras percorrer case toda a impresionante costa turca do Karadeniz (mar Negro), con excelentes praias para refrescarse ou pasala noite; así coma as súas impoñentes montañas con portos de case 3000 metros, onde soamente nos acompañaba a néboa e algún pastor, o pasado martes dirixímonos cedo á fronteira Iraní que divide as localidades de Gürbulak e Bazargan. Tras deixar atrás a fermosa Turquía entramos a pé (salvo un de nós, para mover o noso buque) á República Islámica de Irán, onde nos recibiría unha gran foto do Ayatolah Jomeini presidindo a entrada.
     
    Os trámites foron razoablemente rápidos. O rexistro moi breve. O problema chegou á hora de cruzar o coche. Despois enteraríamonos de que entre os trámites que nos fixo a axencia autorizada coa embaixada, para obter a nosa visa, esquecéuselles comentar a necesidade dun Carnet de Passage para o coche (a pesares de que nós enviamos toda a documentación ao respecto). Ante tal problema non tardaron en achegarse a nós varias xentes que prometían poder arranxalo. Entre eles había un home cun inglés bastante comprensible, dada a nosa total inoperancia coa lengua Persa, foi razoablemente o elexido para tentar amañar o problema. Comezaron os trámites e as negociacións, e, cando chegou o momento da tarifa, fixemos unha paréntese por desorbitada (600 USD). Pasaron as horas entre caras divertidas pola decoración do noso Dersú, incrédulas preguntándose que faciamos alí, e curiosos de avanzadilla preguntándonos se a foto de Paío que decora a banda de babor responde algún líder espiritual noso ou un talibán europeizado (totalmente en serio). 
     
    Finalmente decidimos aceptar a "oferta", principalmente pola falta de alternativas. Según foi pasando o tempo foron cambiando as condicións, ata que chegou un momento en que tiñamos que quedar na fronteira ata o día seguinte. Aceptamos tamén a pesares das escasas garantías de paso, pero en canto pretenderon de novo un adianto de cartos, ahí pechamos negociacións cunha última condición: tan só pagariamos en canto o coche estivese ó outro lado da verxa e o papel nas nosas mans: un rotundo "no crossing and no paper... no money!" pola nosa parte e outro non menos rotundo "finished!" pola outra banda rematou co asunto e fomos convidados pouco amablemente a retornar a Turquía, quedando o noso visado anulado por ser tan só dunha entrada.
     
    De volta a Turquía, bordeando o impoñente monte Ararat onde Noe deixou pendurara a súa arca, dirixímonos á localidade de Kars para facer noite, estudiar alternativas, e tentar unha visa no consulado de Azebaijan. A nosa primeira intención era dende Baku cruzar o Caspio a Kazajstan. Pola mañá no consulado a visa foi imposible, precisaríamos LOI (carta de invitación) da que non dispoñemos, e ainda así os trámites demoraríanse entre 2 ou 3 semanas. Ademáis de ter que rodear a entrada a Azerbaijan por Georgia dado o actual estado pechado das fronteiras con Armenia.
     
    Saímos á tarde de novo hacia o mar Negro, hacia á cidade de Trabzon para tentar a última vía, adiantar o visado Ruso obtendo unha nova entrada pola zona do cáucaso. O camiño demorouse máis do esperado para disfrutar da amabilidade das xentes dunha aldea do oprimido pobo Kurdo. Que unhas persoas, tan deixadas de lado por varios dos estados nos que están atrapados, abra desinteresadamente as súas portas é algo que non deixa de abraiarnos.
     
    A pesares de chegar perto das dúas da mañá á cidade tocou de novo madrugón para facer ruta de consulados. No consulado ruso de novo outra negativa: a nosa intención de cruzar en ferry a Sochi imposible, os ferrys atópanse temporalmente suspendidos a esa zona rusa por, en parte, a situación bélica na fronteiriza Ucrania. A outra posibilidade, cruzar Georgia, tamén foi denegada no consulado (e con razón). O único paso fronteirizo aberto está moi perto de Grozni, e dada a actual situación con Chechenia, non ven nada razonable deixar que uns turistas nun Land Rover cheo de pegatinas se aventuren a atravesar unha das zonas máis perigosas do mundo.
     
    Esgotadas esas posibilidades, a única vía que nos quedou foi tentar unha nova entrada a Irán e ver despois como facemos co coche. Veña pois a buscar o consulado Iraní en Trabzon. Unha vez alí (a xoves) a xente que estaba na entrada díxonos que para atender a cidadáns non iranís teríamos que voltar luns ou martes. Tocou chorar un pouco e pasáronnos por teléfono co agregado. Tras contarlle todo (despois soubemos que deberíamos ter omitido algunhas das cousas que pasaron na fronteira) e varias esperas para que él consultase certas cuestións díxonos que, sentindoo moito, non podía facer nada, que o tentáramos en Erzurum (cidade 360 km. ao sur).
     
    Erguémonos ás 4 da mañá para poder curbir a distancia e chegar co consulado de Erzurum aberto. Aquí sumáronse outros novos problemas. Tras subir varios portos de montaña e ir incrementando a calor, en plena subida a uns 100 km do destino, unha vella peza de plástico do radiador decidiu que estaba farta e rompeu. Un precioso chafarís de vapor de auga saíndo pola proa do noso Dersú fíxonos pensar por momentos que aquí remataba todo. Pero agudizando o inxenio fomos quen de  taponar a fuga cunha moeda dunha lira turca e unha pouca sica. A inestimable axuda prestada por un camioneiro para encher de novo o radiador é algo que nunca esqueceremos. Decir que practicamente todos dos poucos conductores que pasaron polo lugar ofreceron desinteresadamente a súa axuda. Arrancamos de novo, subimos o último porto e, andados xa uns 70 km a cara de Ataturk impresa na moeda díxonos que xa non aguantaba máis, que lle deramos algo máis de beber e chegáramos dunha vez.
     
    Chegamos ó consulado Iraní en Erzurum a 15 minutos do peche e atendéronnos amablemente. Tras explicar o asunto (agora omitindo detalles) ó funcionario, moi amable en todo momento, chamou ao posto fronteirizo e aquí descubriu o pastel: non tiñamos o puñeteiro papel. Como xa pasaba media hora do seu horario, e era venres de Ramadán, amablemente convidounos a voltar o luns.
     
    Toda unha fin de semana de días perdidos tiñamos por diante. Aproveitamos en primeiro lugar para arranxar o coche. Tras localizar coa axuda de varios lugareños un taller en medio de moitos voltamos quedar abraiados: os talleres aquí son, con moito, moito máis modernos ca na nosa vila, con moito máis personal (cada un especializado nun campo) e como descubriríamos ao pagar á factura, increiblemente máis baratos. Ademáis de amañar o do radiador, cambiamos todas as valvulinas do cambio, transfer e transmisión, cambiaron a cruceta dun palier renqueante, engrasaron todo o engrasable, niveis, pilotos con fallos e algunha outra cousa de propina, apenas superou os 100 euros ó cambio.
     
    Na cidade de Erzurum aloxámonos nun modesto hostal nun barrio popular. Como aquí están no mes do ramadán, e esta é unha das cidades máis tradicionais do país, nos é totalmente imposible topar sitios para almorzar e xantar, salvo ás escondidas (incluso beber, comprobamos, entre outras cousas que, beber un pouco zume pola rúa é obxecto de miradas e recriminacións por parte dalgunha xente). Vamos arranxando mercando en tendas e semiagochándonos, ata que, chegado ó solpor os imáns berran polos minaretes que xa podemos sumarnos aos ágapes de cordeiro que aquí se dan tras un día completo de axuno. O domingo o pasamos visitando unhas cascadas e un lago próximos para, de paso, probar o coche que aínda non anda fino de todo en cuestión de refrixeración.
     
    O luns a primeira hora voltamos ó consulado. Esta vez o funcionario, nun principio amósase un pouco máis reticente a concedernos os visados sen o papeliño (que tiñamos que ter arranxado en orixe). Tras chorarlle bastante e xa cando o dabamos por imposible, pensamos que, por aburrimento accedeu a conceder as visas, advertíndonos que só pasariamos nós con eses visados, non o coche. Entre que fan os papeis levamos de novo o coche ó taller para, entre presas, darlle os últimos axustes ao circuito de refrixeración.
     
    Aceptadas e obtidas as visas por 15 días entra en escena Hossein, o noso home en Irán, un arreglatodo que, tras contactar con él durante a longa fin de semana nos confirma que pode arranxar o do papel baixo unhas condicións moi estrictas (a máis importante, tan só 8 días de coche en Iran). No momento de escribir esto estamos de novo tentando restablecer o contacto con el.
     
    Coa nosa ilusión de seguir adiante e, ao non ter absolutamente ningunha outra alternativa para continuar, aceptamos ese escaso tempo coa esperanza de que, neses oito días, poidamos obter un visado de tránsito por Turkmenistán para chegar a Uzbequistán, onde esperamos se relaxen un pouco as cuestións burocráticas. 
     
    Entre estas cuestións de papeis a tratar de xeito urxente, semana dun lado para outro, problemas no vehículo (xa contabamos con algún, e a verdade é que se está comportando dun xeito excelente) o  noso presuposto inicial veuse incrementado considerablemente de xeito inesperado, ao que tras falalo determinamos que, unha vez chegados ata aquí, faremos un esforzo por continuar. Sabiamos que non elexiamos unha ruta doada en cuestións fronteirizas, así que, toca asumilo.
     
    Por suposto, cunha semana perdida, por cuestións de datas nas visas temos que reconfigurar a viaxe e ir descartando algúns lugares que queriamos visitar. De momento o que xa queda claro é que non poderemos visitar a porta do inferno en Darvaza, dada a condición do visado Turkmeno que teremos que tramitar.
     
    Agardemos que as seguintes conexións sexan con mellores novas e non ter moitos máis sobresaltos na viaxe que, de retirarnos agora sería un duro pao polos esforzos e tempo que leva preparar algo así.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook