Blog 
Xa Vou!!! De Lalín a Ulán Bator
RSS - Blog de XaVou UlanBator

Sobre este blog de Sociedad

Como siempre pasa en estos casos, todo comenzó como una broma entre amigos y, finalmente, se convertirá en realidad. Cuatro amigos de Lalín verán cumplido su sueño de llegar a la capital de Mongolia, Ulán Bator, con la intención de vivir una aventura única subidos a un vetusto cuatro por cuatro. Un ...


Archivo

  • 25
    Julio
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Acabouse

     - É que non vós gusta Irán?

    - Non é iso,non nós da tempo de tramitalo visado de turkmenistán e agora co do accidente menos.
    - Tedes sorte, non pasou nada. Ide ao hotel, comede algo, durmide, descansade e tí afeitate, mañá ides velo doutra maneira.
     
    Perseverar é unha palabra que tén que constar nas nosas utilitarias vidas. Nós perseveramos e non o conseguimos pero seguiremolo intentando, pero iso non vai ser agora, tentarémolo nun futuro próximo, e desta nada máis que poñernola etiqueta de Regresamos pero Voltaremos.
     
    Para os máis morbosos dicir que o accidente foi o pasado día do Carme (San Benitiño do ollo redondo/hei de ir alá,miña nai ,se non morro/e hei de levar unha bota de viño/e unha bola de pan para o camiño). Tras unha fortuita maniobra na que se nos cruzou un coche volcamos e fomos de arrastro. A grande pericia dos conductores iranís nunha moi concurrida e caótica autoestrada de Tabriz evitou outro espectáculo peor.
     
     
     
    A crónica do día podería ser a seguinte:
     
    Desmonta-lo campamento. Son as 4:15 da maña nunha privilexiada ladeira con vistas directas ao monte Ararat. Hoxe non hai almorzo, esperamos que a especie de filloas con queixo que, a noite anterior, ceamos na veciña tenda de campaña kurda nos cheguen para aguantar un día que presentase longo.
     
    Decididos a queima-lo noso último cartucho arrancamos cara a fronteira Gürbulak-Bazargan que, estúpidamente, separa a un mesmo pobo: o Kurdo. Non é nova para nós e, ao chegar, non son poucos os que nos recoñecen e voltan a tentar ofrecer os seus 'servizos'. Rotundos e amables non e, a esperar ó noso contacto que 'arranxará' a cagada da axencia de facernos aparecer alí cos papeis a medias.
     
    Unhas cinco horas despois de voltas por casetas de funcionarios e guardias o noso Dersú entra no túnel de desinfección e, tras outro par de paradas saímos da militarizado posto fronteirizo Iraní onde, nun furtivo rincón pagamos os 'servizos' prestados. Entre o ocultismo e a imposibilidade de ler Persa quedámonos cun papel que, teóricamente, permitiríanos ter o coche 8 días en Irán, e tamén coa sensación de que non son xeitos de entrar nun país. Tamén avisados ficamos que, de non conseguir o visado de Turkmenistán non poderíamos voltar por alí porque habería 'problems'. Pero era eso ou voltar para casa.
     
    Son as dúas da tarde, e arrancamos con intención de cubrir, entre día e noite, os máis de 1000 km. que nos separan da embaixada Turkmena en Teherán. A nosa idea é chegar de madrugada a Teherán, buscar a embaixada e apostarnos na porta ata que abran a porta para tentar, coa maior celeridade posible (1 unha semana), obter o visado de tránsito. O venres é o seu festivo e o sábado festa nacional. É ou o xoves ou nunca.
     
    Unha rápida paradiña para saborear un prato de carne picada e continuamos camiño.
     
    Son as 5 da tarde, atravesamos Tabriz por unha autopista que bordea polo sur esta enorme cidade. Alta concentración de tráfico, un coche que adianta, outro que se cruza, maniobra de evasión, outro polo outro lado, perda de control e de súpeto os peores segundos da viaxe.
     
    Volcamos e imos arrastrando todo un costado 200m. polo asfalto da autopista. Tras ficar parados, e comprobar que todos polo menos falamos, só podemos pensar nunha cousa, a cantidade de camións que hai na estrada. Segundos horribles. Abrimos a porta que queda arriba e bótase enriba, segundo intento e xa unha man axuda a coutala. Ao sair ver que 25 ou 30 iranís, nun brevísimo tempo, tentan, expoñendose a unha autopista conxestionada, desviar como poden o tráfico que ven veloz hacia nós.
     
    Coa sua axuda, xa todos fora, facemos balance de danos persoais. Tan só un de nos precisa asistencia médica. Arrastrar un antebrazo por riba de asfalto e cristais fai que o oso asome e precise unha intervención.
     
    A ambulancia chega tan axiña que foi case excusado sacar o botiquín. A axuda militar deixounos impresionados, eles arranxaron todo, hospital, ambulancia, xestión de papeis, deixáronnos na porta mesma do hotel que eles mesmos nos buscaron. O servizo público de saúde, xa gustaría ter por aquí algo tan eficiente nos días que un de nós precisou da súa atención e intervención quirúrxica...
     
    Así que establecemos Tabriz en Irán como punto final a nosa aventura, esta enorme cidade ubicada a medio camiño de Teherán marcará o noso destino,XA VOU... a Lalin.
     
    E que dicir de Irán e da súa xente,este país tan inxusta e bruscamente arrasado nos medios de comunicación ao ser catalogado dentro do 'eixe do mal', só temos que expresala nosa gratitude a toda esa xente que nos axudou en todo momento, a eses descoñecidos que se xogaron a vida para desviar o tráfico e sacarnos do coche (podemos asegurar que serían máis de vinte persoas) e que despois con asombro miraban que eran eses triángulos vermellos que lles proporcionamos e como dicindo ,'¿esto será un agasallo? ¿serán marcianos?'. Metade en ambulancia cara o hospital e metade ao cuartelillo. Grazas ao inspector Mhur quén nós tranquilizou e perseverou na continuación da nosa viaxe amáis de acompañarnos ao hospital xunto con Mehrdad Záquer, noso escolta na cidade, un xoven militar de remplazo que fixo da nosa estadía en Tabriz o máis confortable posible; grazas ao servizo sanitario público iraní, co seu modus operandi de primeiro operar e xa iso, logo, virás pagar ou arranxar os papeis;  grazas ao taxista Matsim que durante todo o día fixo de guía amosándonos Kandowan (inmediatamente lembrámonos de A vida de Brian) acompañandonos tamén ao hospital e que estendendo os brazos sinalando a súa terra non entendía esa mala fam, grazas a Hossein e Vassim por amañar o paso do coche a Irán (escabrosa historia fronteiriza a tratar noutra ocasión). E moitas grazas a todas as personas anónimas que nos axudaron e ofreceron as súas casas tras o aparatoso accidente.
     
    Todo un ano planificando esta viaxe conleva un desgaste tanto físico como material, que se visados, que se coche, que se seguro, que se mapas, que se chamadas e xestións consulares e outros imprevistos.Tiñamos todo listo agás unha cousa, a axencia que tramitou o visado Iraní, á que lle mandamos toda a documentació  do coche, obviou tres palabriñas que equivalen a unha semana tirada por Turquía buscando solucións trala nosa primeira entrada e saída en terras persas. Maldito ese documento aduaneiro requisito imprescindible en Irán e que nos ía trastocar tódolo noso itinerario tendo que replanificala ruta, xa non iamos visitar Darvaza en Turkmenistán e o Mar de Aral en Uzbekistán. Pero perseveramos e, ao final, ainda que por pouco tempo, logramos traspasar completamente a, ata o día, infranqueable fronteira iraní.
     
    Pero non pasa nada, estabamos sen poderes actuar e vagando por terras da Anatolia, na procura de visados nas cidades de Kars (imposible obtención visado de Azerbaiyán), Trabzon (consulado ruso e iraní) e Erzurum (onde tras moito chorar ó agregado conseguimos o tan ansiado visado iraní por segunda vez). Con toda esta parafernalia consular dímonos conta do noso estado xeopolítico actual, ao Sur Irak e Siria (inviable) ,ao Norte Ukraína (guerra civil) ,ao NE as zonas inestables de Chechenia (advertidos ni consulado que non nos deixarían pasar esa fronteira) e ao Leste Irán (coa súa caótica fronteira).
     
    Non chegamos a Mongolia pero da igual, xa iremos; non transitaremos Turkmenistán e o seu férreo control de estado (como anécdota dicir que o seu presidente gañou a primeira carreira de coches celebrada no país); non nós bañaremos no Mar de Aral (o chiringuito está moi lonxe da auga), visitar Samarkanda e comer plov en Uzbekistán ; non quedaremos co noso colega Serek en Kirguistán. Non poñeremos as nosas viandas a salvo dos osos nos montes Altai;e non poderemos facelo cocido de Lalin en Ulaan Bator; non poderemos percorrer media siberia escoitando o chiste de Eugenio 'mucho ruso en Rusia' ou visitalo mausoleo de Vladimir Ilich Ulianov e preguntarlle 'que hai do noso?'
     
    En canto a vós, a tódola xente que nos seguiu durante este mes e estivechedes atentos a tódolos nosos pasos sexa no medio que sexa e que nos preguntabades onde estabamos, ou 'ata miña nai está a seguirvos e está preocupada que non sabe nada de vós', ou os que estabades á expectativa de onde reventará o noso humanizado cañonero Derzú (non sabemos quén gañou a porra pero dicir que o cañonero si respondeu e volve para casa) pois pra todos vós a nosa sinceiras felicitacións, fixéchedelo moi bén, supoño que agora saberedes ubicar case tódolos Stans de Asia Central.
     
    Dende aquí agradecer á Clínica Villanueva por participar nesta aventura (Roberto unha mágoa non poder ver Siberia a través dos nosos ollos) e tamén ao Faro de Vigo por cedernos o seu espazo. Ao resto de colaboradores xa lle tomaremos unhas na Tasca.
     
    Pra calqueira aclaración ou consulta atoparédesnos de 8 a 14 e 18 a 20 horas na Panadería Nercellas.
     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook