Blog 
Xa Vou!!! De Lalín a Ulán Bator
RSS - Blog de XaVou UlanBator

Sobre este blog de Sociedad

Como siempre pasa en estos casos, todo comenzó como una broma entre amigos y, finalmente, se convertirá en realidad. Cuatro amigos de Lalín verán cumplido su sueño de llegar a la capital de Mongolia, Ulán Bator, con la intención de vivir una aventura única subidos a un vetusto cuatro por cuatro. Un ...


Archivo

  • 07
    Julio
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Abandoando a vella Europa

    Boas! Fai tempo que non publicamos nada porque, entre axustarnos aos obxectivos das etapas e marabillados pola pasaxe non tivemos tempo (e as veces nin conexión).

    Vai pois unha pequena crónica do final de Europa que rematou en Istanbul.

    Tras sortear unha retención de 4 Km. de camións comeza a nosa adaptación á conducción turca, isto implica, adiantamentos forzados, un senso laxo do que é o ceda e paso, así como que che veñan coches na autovía en dirección contraria.

    Tras pasar a terra de ninguén entre as fronteiras, topámonos os controis de pasaporte, vehículo e rexistro turcos, neste último desistiron de rexitrarnos, tras quitar as dúas primeiras maletas e ver o mapa da nosa viaxe na luneta traseira do vehículo. Con xestos de abraiado e divertido permitiunos continua-lo camiño.

    Antes de chegar a Istanbul refrescámonos no mar de Mármara (nome que fai referencia ás canteiras de mármore da zona).

    A chegada a Istanbul faise sinxela por longas avenidas, tras preguntar en varias ocasións topamos un parking. O primeiro contanto de rúa coas maletas na mán é unha dúcea de propostas para cear e durmir. As zonas turísticas son así.

    Iñorándoas amablemente chegamos sen moito esforzo ao noso hostal Champs Elisses. Xente amable, habitacións limpas, ducha e sair a cear as delicias locais, comida moi variada, o cordeiro con berenxena estaba exquisito, os pratos acompañábanse de pilav (guanición de arroz con garbanzos) e algunhas guindillas (o abuso destas últimas causou en Javi Hita espasmos intestinales os dous seguintes días).

    Mentres estivemos e Istanbul fiximos as visitas obrigadas á Basílica de Santa Sofía, Mezquita Azul, Mezqita de Sulyman, Torre Gálata, Gran Bazar... (onde o regateo é obrigado). Deunos unhas fregas nun baño turco o verdadeiro Sadam Hussein. Pola noite uns paisanos seguidores da nosa viaxe convidáronos a unha opípara cea tradicional (graciñas Alberto e Javi!).

    Istabul festexaba o Ramadán facendo das rúas unha fervenza de xente, postos de artesanía luces e cores. Xunto á Mezquita Azul disfrutamos da repostería local e dun espectáculo dun titiriteiro.

    Cruzando o corno de Ouro traspásaxe a fronteira que divide o Istanbul tradicional e turístico para adentrarse na cidade moderna e europea que asemella a calquera grande urbe, onde habitan as grandes riquezas xunto á pobreza marxinal.

    Despedímonos de Istanbul cruzando á ponte sobre o Bósforo para adentrarnos en Asia, verdadeiro obxectivo da nosa viaxe.

    Saúdos e ata a próxima crónica (costa do mar Negro e montañas orientais turcas).

     

     

     

     

     

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook