Blog 
Polbo á feira
RSS - Blog de Andrea Soak

El autor

Blog Polbo á feira - Andrea Soak

Andrea Soak

ACOUGA, morriña.

Sobre este blog de Galicia

as balas dun xornalista tradúcense en verbas que molestan.


Archivo

  • 26
    Enero
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Subo o prezo do meu servizo pero digo que vos subvenciono.

    ´Mar de Ons subvenciona con Cíes el barco de Cangas, pero no tenemos obligación´

     Así de contento dicía hoxe en Faro de Vigo o xerente de Mar de Ons; Carlos Nacimiento, o cal asegura que o servizo Cangas-Vigo-Cangas subvenciónanse cos cartos que xera o barco que vai ás Cíes. E non sabes ti, que a ti che subvenciona a Unión Europea, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Xunta de Galicia a túa páxina web, por exemplo? Ao final vai ser que non chega con pagar un billete carísimo senón que o resto xa cho subvencionamos cos nosos impostos.

    Como se pode ter tanta cara? De verdade, paréceme humillante dicir iso, a un pobo que che dá de comer, ti '''''subvencionas'''''' porque che interesa, ou pensas que non sabemos que se o barco sube de prezo ata cifras inalcanzables para o cidadán van seguir usando os teus servizos? Pola conta que che trae! A xente non pode pagar cada vez máis, o prezo aumentou nestes derradeiros anos case un 50%, hai xente que ten que ir a Vigo para poder darlle de comer aos seus fillos, xa que no Morrazo non hai traballo dabondo, hai xente que ten que ir a Vigo a estudar, xa que no pobo non hai as saídas suficientes para todos, as becas de transporte do MEC xa non existen pero a vós iso davos igual. Só queredes ter milleiros de beneficios, e entendo que non queirades ter pérdidas, pero de aí a querer vivir coma un magnate co esforzo dun pobo...

    Cada un mira para o seu cu, e a min gustaríame que Cangas espertase, que deixase de pagar unha millonada para ir a Vigo, que está a escasos 20 minutos, unha cidade que debería ter un acceso máis asequible; eu animo aos cangueses que se reinventen, que busquen alternativas, agora coa rede hai diversas fórmulas que distan dos altos prezos do barco de Vigo.

    Por exemplo: http://www.blablacar.es/ páxina onde unha persoa publica un viaxe e a hora ao que o vai facer, tamén publica o prezo e onde che recolle e onde che deixa no lugar de destino, normalmente úsase para viaxes longos, pero se toda a xente que vai dende o Morrazo a traballar a Vigo colgase a súa viaxe, en lugar de viaxar un so ata Vigo pagando el so a gasolina, podería compartila ata con catro personas máis. Así benefíciase tanto o conductor coma os acompañantes. Iso si, tería que ser a un precio competitivo, non máis de 2'5€ por cada pasaxeiro; tendo en conta que se son 5 sería 12'5€, suficiente para ir e voltar cada día a Vigo.

    E cando digo Vigo, digo Pontevedra ou calqueira cidade, xa está ben de que nos tomen o pelo, que deixen de pensar que co seu monopolio poden poñer as normas que queiran! Xa estou farta de Monbús, de Vitrasa, de Mar de Ons... Pensemos coma pobo unido, pensemos que a solidaridade neste tempo é moi importante, hai xente que cobra escasos 600€ e un 33% do soldo xa se lle vai en pagar o transporte. É coma pouco, denigrante.

    Xusto acabo de atopar unha viaxe na páxina que vos citaba de Cangas a Vigo por 1€!! http://www.blablacar.es/viaje-cangas-de-morrazo-vigo-18712037 coma exemplo. Nesta páxina ti podes ver opinións doutra xente que viaxou co conductor ou conductora que publica a viaxe, tamén podes ver os gustos da persoa, se deixa fumar no coche, se é falador, se lle gusta a música etc. Non quero, en ningún caso, publicitar unha páxina xa que non teño nada que ver con ela, é que é a páxina que  coñezo, e gustaríame saber se hai máis alternativas.

    Así que anímovos a que vos abrades a estas novas alternativas, e que os empresarios comecen a darse conta de que parvos non somos, de feito, o Morrazo é unha península mariñeira e moi sabia. 

     

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook