Blog 
Polbo á feira
RSS - Blog de Andrea Soak

El autor

Blog Polbo á feira - Andrea Soak

Andrea Soak

ACOUGA, morriña.

Sobre este blog de Galicia

as balas dun xornalista tradúcense en verbas que molestan.


Archivo

  • 23
    Octubre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Queremos liberdade; quitándolla ao resto.

     Eu son a primeira a favor da folga; e a primeira en intentar convencer aos demáis con argumentos sólidos de por que deben secundala. O que odio e o que non paso é a xente que lle impón aos demáis cando deben facer folga e lles obriguen a facela boicoteando as clases. Non queredes liberdade? pois a liberdade non se consegue cohibindo a liberdade dos que non pensan coma nós.

    Cabréame non poder elixir facer folga cando me pete, e teña que deixar de dar clase porque se lle antoxa a tres ou catro, un día no que a folga non está programada para alumnos; aínda que sexamos libres de facela ou non. Cos piquetes "informativos" non informades, impoñedes, e obrigades. E estou ansiosa de esperar un piquete informativo que me diga de verdade por que teño que facer folga, e non que me diga "O PP son uns corruptos e están subindo as tasas" iso xa o sabemos todos; se queredes que a xente faga folga, que a fagan con conciencia, deixade que pensen por si mesmos, porque entón, se todos seguimos como ovelliñas pensando o que pensan 4 que van de líderes, o pobo nunca chegará a pensar por si mesmo; nin coa dereita nin coa "esquerda" que temos neste país.

     

     

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook