Blog 
Polbo á feira
RSS - Blog de Andrea Soak

El autor

Blog Polbo á feira - Andrea Soak

Andrea Soak

ACOUGA, morriña.

Sobre este blog de Galicia

as balas dun xornalista tradúcense en verbas que molestan.


Archivo

  • 30
    Diciembre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    "Na cona da vella non manda ninguén"

     Unha canción popular do pobo galego, da cal teño moitos recordos positivos dicía coma no meu título; un dos versos era:

    "Unha vella nos temos de antes fixo da cona un par de tirantes....(bis), unha vella nos tempos de agora fixo da cona unha lavadora...(bis); e fixo ben, e fixo ben, na cona da vella non manda ninguén..."

    E se na cona da vella non manda ninguén na miña tampouco. E MENOS UN HOME, estaríamosche bos. Nestes derradeiros días síntome bastante decepcionada coa democracia. Pilar Primo de Rivera aparéceseme en soños; e isto, non e agradable. A verdade e que estou ata a cona literalmente, de que uns homes aos que nin coñezo personalmente obriguen a miña persoa a procrear como si non houbese mañá como se facía nos tempos de antes. Miren, eu non vivo nun cortello; nin son un coello, non fai falta máis explicación neste respecto.

    Resulta que xa non podo darlle alegría ao corpo; porque vós tampouco estades moi a favor dos medios anticonceptivos; que próximamente so faltaría que fosen ilegais tamén, a vosa solución é a abstinencia, porque se rompe un condón (que pasa), hai que ter un fillo. Eu non quero que a miña vida e o meu fillo sexan un condón roto. Rota é como quedaría a miña vida se nestes intres quedase embarazada. Pero síntoo, non me dades medo, eu non me vou amargar, e vós parece ser que tampouco, que se queredes abortar (ou as vosas fillas) ídelo facer sen ningunha dúbida, para iso vos pagamos un soldo de milleiros de euros; HIPÓCRITAS. O malo é quen non teña cartos, as que teñan que practicar o aborto clandestino, as que morran pola vosa culpa; elas son quen realmente o obxetivo desta lei, e volvemos ao de sempre; os desfavorecidos serán os pobres.

    Dicides que unha vida é unha vida, e que non podemos matar "aos nosos fillos"; de feito lin unha atrocidade no diario ABC que aparecía unha esquela onde poñía "NIÑOS Y NIÑAS ABORTADOS DEP"; por favor! un pouco de decencia.  MATAR aos nosos fillos? pero vós sodes parvos? CIENTÍFICAMENTE, e digo isto porque sen ciencia non seriades/mos nada, un embrión é un ser vivo, como pode ser unha flor, pero non é vida humana, CARALLO. Basicamente porque aínda non ten un sistema nervioso desenrolado, e polo tanto é insensible, e nin que dicir ten que o seu cerebro por aquel entón non ten superado ao dos animais. E dicides "nooon, é que ten ADN humano", e os trozos de unlla que mordo e tiro ao chan tamén teñen ADN humano; deus!!!! son unha asasina en serie Ö.

     

    Para comezar, ningunha muller, NINGUNHA é unha asasina por abortar. Son mulleres que fan iso despois de pensalo, de sufrir e de chorar; son mulleres que, xa sexa por causas sociolaborais, económicas ou médicas deciden facelo; porque prefiren non traer ao mundo a unha vida humana aos que non lle van poder ofrecer unha vida digna. Pero vós non, vós obrigades a que un rapaz naza aínda que non vaia ter calidade de vida; ídesvos facer vós responsables? NON, e non só iso, senón que ademáis recortades as axudas en dependencia, as becas para os máis pobres, as axudas en comedor, en definitiva; recortades as axudas Á VIDA; e isto so me da unha cousa que pensar: dicía miña tía Lucía, a cal lle teño moito aprecio que isto só é un recorte máis; agora xa non farán falta tantas probas durante o embarazo, porque total, saia como saia telo que ter; polo tanto a amniocentesis (proba que parece ser bastante cara, e sirve tras recoller unha proba de líquido amniótico para saber si o neno ou nena terá síndrome de down o calqueira outro problema metabólico ou neurolóxico) xa non vai ser necesaria, entre outras.

    É gracioso ver como vós, os PROVIDAS, defendedes os dereitos dun ser vivo sen sistema nervioso(repito, aínda non considerado ser humano), pero defendades a capa e a espada a morte cruel dos animais co fin de dar espectáculo, sodes uns hipócritas e uns cínicos de moito carallo. E atentos que non comparo animais con persoas; comparo seres vivos. Pero o máis triste é que unha masa de células como é un embrión teña máis dereitos sanitarios en España que unha persoa sen papeis; sodes tan providas que se me saltan as bágoas. Sodes inocoherentes, sodes nin que decir ten, unha fotografía deste país; sodes conservadores, imbéciles e escuros; tal como ven ben marcado na tradición española; e así nos foi e así nos vai.

    E remato dicindo, que eu non lle obrigo a ninguén a abortar, que non veñan a dicirme a min que teño a obriga de non abortar. Porque se de algo estou segura é de que houbo moitas mulleres guerreiras ao longo da historia, houbo moitas mulleres que non se deixaron pisar por homes nin por políticos, e eu non vou ser menos, os meus dereitos son meus, non teus, "señor" Gallardón. Ti fai coa túa vida o que te pete, da miña xa me encargo eu, porque como a deixe nas túas mans, estou fodida.

     

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook