Blog 
Polbo á feira
RSS - Blog de Andrea Soak

El autor

Blog Polbo á feira - Andrea Soak

Andrea Soak

ACOUGA, morriña.

Sobre este blog de Galicia

as balas dun xornalista tradúcense en verbas que molestan.


Archivo

  • 19
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ides a ver unha producción de Hollywood? Ide despois da terceira semana.

     Hai uns meses que está habendo un alboroto tras os abusos das majos; esas que distribuen 'El lobo de Wall Street' entre outras.

    Supoño que segue habendo xente que critica o cine da península como pésimo, deplorable, e demáis insultos hacia este arte tan preciado e que tan ben nos representa no exterior. Supoño que esa xente está moi enterada de todos os movementos cinematográficos; sabe de presupostos, de producción, de distribución, de técnica e sobre todo pode xuzgar a intervención dun director de fotografía: PORQUE AQUÍ, TODOS SOMOS EXPERTOS, neste país tanto sabemos que así de ben nos vai.

    Pois eu hoxe, escribo a favor do cine, ese que tan pouco me gusta estudar pero que tanto me gusta poder disfrutar. HOXE explícovos sinxelamente como funcionan as majors en España. 

    As majors, é dicir, as distribuidoras principais estadounidenses que todos coñecedes (Sony, Fox, Warner, Paramount...) 'pactan' ou máis ben, OBRIGAN ás salas de exhibición, ou sexa aos cines, o porcentaxe que se han de levar elas (as distribuidoras) nas primeiras X semanas de estreno de certas películas. É dicir, se agora Hollywood trae a España 'El lobo de Wall Street', e xera X millóns de cartos nas 3 primeiras semanas; esta distribuidora abusiva levarase en torno a un 30 o 40%,  acercándose nalgunhas veces a un 50%. Hai que ter en conta que o resto da porcentaxe da entrada non vai para a sala; de aí hai que restar un 21% de IVE e outro tanto para autores. Despois do primeiro mes, o porcentaxe da distribuiora vai decrecendo, e vai subindo os cartos a percibir pola sala de exhibición, pero agora evidentemente, facturarase moito menos, porque o estreno é cando máis xente vai.

    E agora parécenos raro que pechen tantas salas de exhibición? Parécenos raro que as que sobreviven sexa grazas as palomitas, que son xa, máis caras que as propias entradas?

    Sendo un pouco proteccionista e pensando un pouco no noso; decidín non ir aos estrenos de Hollywood, porque me nego a apoiar un sistema de libre-cambio que mira a cultura como unha mercancía máis, como se fose madeira ou zapatos. É O NOSO PATRIMONIO CULTURAL. E hai que defendelo. Prefiro ir duas semanas despois, e polo menos que os cartos vaian para as salas de exhibición nacionais; que é, gracias a elas, que nós poidamos ver calquera película, sexa nacional ou estranxeira. Así que anímovos a ir ao cine, pero se é unha película de Hollywood facédeo despois da terceira semana.

    Longa vida ao cine.

     

     

     

     

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook