Blog 
Polbo á feira
RSS - Blog de Andrea Soak

El autor

Blog Polbo á feira - Andrea Soak

Andrea Soak

ACOUGA, morriña.

Sobre este blog de Galicia

as balas dun xornalista tradúcense en verbas que molestan.


Archivo

  • 10
    Enero
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Educación á boloni-esa.

     XANEIRO. Ese sufrimento incesante para milleiros e milleiros de estudantes deste noso país. Xaneiro, tras catro infinitos meses de traballos e prácticas, de clases pola mañá e pola tarde; catro meses sen vida, tendo pouco máis dun par de horas para ir ao ximnasio ou ler algo que non teña que ver coa materia universitaria.

    Esta é a marabillosa vida universitaria dos que moitos falades coa boca chea sen ter nin idea. Milleiros de estudantes estudan e traballan coma chinos para non acadar menos dun 6'5 en cada unha das materias universitarias, e poder acceder así á beca do ano que vén. A media dos pobres ten que estar en torno a un notable, mentres que os ricos poden seguir pagando as súas festas e as súas quintas convocatorias, e as súas notas medias decadentes.

    Cada vez vexo unha universidade pública máis cara e de menor calidade. Os rectores celebran os seus triunfos permitíndose dicir que están a traballar para que os estudantes teñamos o mellor posible. Tal como está a situación, Bolonia non permite que un estudante poida traballar para poder manter os seus estudos; xa que as clases establecidas tanto pola mañá como pola tarde penalizan se faltas a elas. As universidades públicas deberían plantexarse Bolonia, e sobre todo os horarios das clases universitarias. Ou todo pola mañá ou todo pola tarde; deixade de arruinar a vida da xente, que queda sen poder facer prácticas ou traballar.

    O máis gracioso son os profes, aqueles que din defender a universidade pública de calidade pero que seguen Bolonia 100% e énchenos de traballos e prácticas innecesarias e algunhas incluso, rozan o ridículo. Prácticas que na nosa aprendizaxe non aportan nada máis que un pensamento de "mecaghonaconaquetebotou". Logo están os outros profes, que a carga semanal que nos esixen superan o noso tempo; e aínda así, esperan que, a maiores do que eles e os seus colegas (xa que temos 6 materias máis a parte desta) obrigan a facer esperan coma se nada que estudemos todo día a día. O triste da situación, é que estes mesmos profesores bolonianos, pasan as esixencias para con eles de Bolonia polo forro da cona. E digo isto porque,

    1. Existe unha normativa vixente, a cal, 10 días antes de que comecen exames deberemos ter as notas prácticas, xa que se estas non están aprobadas non temos dereito a examinarnos, e polo tanto, se estamos estudando para esta materia ao final non nos servirá de nada.
    2. Resulta que as prácticas semanais que temos que entregar, máis todos os preparativos que exise unha materia maiormente práctica, debemos entregalas cando eles queiran, nun plazo normalmente bastante estricto; pero resulta que non pasa nada se eles non entregan as prácticas corrixidas no seu día a súa hora.
    3. Tamén, se faltas a clase ou chegas tarde (moitos dos profesores, só che deixan faltar DÚAS veces XUSTIFICADAS, e se a terceira vez tamén é xustificada dalles igual, falta que te criou e a foderse que toca), tes unha falta como unha catedral que chega a baixar ata un punto da nota; coma no cole ou en moitos casos, perdes o dereito da evaluación continua. Agora si; non hai ningún problema se eles faltan, ou se chegan tarde e moito menos se rematan as clases unha hora antes de chegar ao seu fin. E iso si, a materia sen dar entra igual en exame, e como Bolonia é para facernos autodidactas xa apañaremos como poidamos, total é o único que temos que facer.
    4. Moito traballar durante o curso, moito explotarnos, e todo isto conta na maior parte dos casos 4 puntos sobre 10. O exame conta 6 puntos, pero se non acadas 3 puntos sobre 6, estás suspenso. E non só iso, estás suspenso e por se non fora pouco tamén perdes a puntuación das prácticas destes catro meses, polo tanto, mellor é ir a xuño co 100% da materia e sen estrés durante o ano.

    E digo isto porque xa estou harta de pagar 1700€ de matrícula en primeira convocatoria, cunha media aceptable, e cun medo incesante pola miña beca. Porque non me ensinan nin me preparan para saír ao mercado laboral. Bolonia para que? Se nin se quera convalidan materias dentro da propia península...menos convalidan no sistema europeo. Bolonia é un PUTIFERIO.

    Agora estamos en xaneiro, chapando incansables textos e apuntamentos que vomitaremos no exame e nos olvidaremos aos dez minutos de rematalo. Isto é a educación en España.

     

     

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook