Blog 
Polbo á feira
RSS - Blog de Andrea Soak

El autor

Blog Polbo á feira - Andrea Soak

Andrea Soak

ACOUGA, morriña.

Sobre este blog de Galicia

as balas dun xornalista tradúcense en verbas que molestan.


Archivo

  • 20
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    65 cousas que só entenderás se es de Cangas

    1. Se quedas para tomar unha caña, boa idea era ir ao Montes para que che puxeran a tapiña.

    2. Pillarte unha borracheira e comer coma un porco por menos de 5 € só é posible no Obelix.

    3. O termo 'jodechinchos'

    4. Rirte dos jodechinchos que miran impresionados aos muxos e din de ir a pescar un día destes.

    5. Mirar ou ver?

    6. As relacións sexuais no chochín.

    7. As relacións sexuais no Canabal.

    8. A corda ao tarzán do Canabal.

    9. A corda ao tarzán da ruta dos muíños de Aldán.

    10. Arriesgar a vida cruzando o peirao vello de Rodeira.

    11. Clasificar a praia de Rodeira: no principio as vellas e turistas, no medio os guais e os malotes e no final as vellas que fan topless con fillos.

    12. O carril bici fixéronno para vellos que quedan para ir a andar.

    13. Os 2x1 a 5€ do male.

    14. Pillar sitio nos sofás do male e ser o puto amo desa noite.

    15. O himno de Cangas versionado. (Cangas, pueblo encantador, pueblo fumador).

    16. Presumir dos atardeceres na caracola de Donón.

    17. Defender a ultranza a túa escola de primaria.

    18. Colgar clase para ir a praia se ías ao Rodeira, ou para fumar porros no monte se ías ao María Soliño.

    19. Facer topless en Areacova.

    20. Ter dous personaxes clave na historia do pobo: A Chefa  e a Zonia, que en paz descanse.

    21. Non ter nin idea de piragüismo pero fardar por todo o mundo de David Cal.

    22. Cando che preguntan se tocas algún instrumento contestar con orgullo que tocas a pandeireta, ou a gaita. Literal.

    23. De onde carallo saes se non sabes a canción de 'Aí ven Alfonso da herba..'?

    24. O inferno de baixar un martes ou un venres co coche ao pobo.

    25. As horas esperando para volver no barco tras unha longa noite de festa.

    26. Os jodechinchos que caen ao mar estando no heliporto.

    27. O Carpe Diem; ou máis coñecido como o local dos mil nomes.

    28. Sacar peito co Frigoríficos Balonmán fóra do pobo e non ir ao Gatañal nin unha soa vez.

    29. O rapaz pesado que decide usar o ordenador con teclado xigante da casa da cultura.

    30. Escoitar as charlas filosóficas dos borrachos da cultu.

    31. As tardes de domingo de borracheira e no Clip.

    32. As mellores noites no Cosmos sen gastar un duro.

    33. Os skaters do concello.

    34. Os okupas de Masso.

    35. Se un doutra parroquia se pon gallito arranxar todo cun 'si, si, pero Aldán e Hío pertencen a Cangas'.

    36. A confrotación cos canis de Moaña.

    37. As camisetas serigrafiadas con demonios e anxos.

    38. Se naciches hai 15 anos máis ou menos recordarás o recorrido para bicis que había no parque de Cangas.

    39. Preguntarte como sobreviven nesa auga infectada os peixes do estanque de Cangas.

    40. Os mellores gofres son os da alameda vella de Cangas.

    41. E os mellores churros tamén, de Cangas!

    42. Ir nadando ata as bollas de Rodeira como símbolo de valentía.

    43. As zonas dividas do heliporto; os de Bueu, os do Compañía, os de Moaña, Os de Rodeira...

    44. A carallada nos concertos da Tuna Rastafari.

    45. As rapazas pequenas sacando fotos con todo cristo na Avenida un sábado noite.

    46. Que a túa nai che merque tres camisetas iguais de distintos cores no aterrado.

    47. 'Sierra, Avenida, Parada, Estación, Campo de arriba, Campo de abaixo, Magdalena....' (só para os de Castrillón)

    48. Odiar cando saes fóra e dis que es de Cangas e que che pregunten 'Cangas de Onís?...-Non!! -Cangas de Narcea? QUE NON OSTIA'.

    49. Rirte todos os anos cada vez que din que ese ano non van deixar facer fogueiras en San Xoán.

    50. O Entroido do Hío é unha relixión.

    51. Os máis acabados no Thays ás 6 da mañá.

    52. Os torneos no Kenyata.

    53. As tardes de pipas nos bancos do muelle.

    54. Coñecer aos de Marín como 'xente de Marín, tropa de carallo.'

    55. 'Bueu é tan pequeno, que non colle no mapa, pero bebendo viño, coñécenos o papa'.

    56. Os de vigo son uns papaostias e uns flipados que veñen aquí con aires de grandeza a ensuciar as nosas praias, e a crear un tráfico na vía rápida da ostia.

    57. Os jodechinchos que se sacan unha foto co barco de Vigo detrás coma se fose un acontecemento mundial.

    58. Cando túa nai che dicía que dixeras que tiñas 4 anos para non pagar billete no barco de Vigo.

    59. Saír de fóra de Cangas, dicir de onde eres e que che digan 'Ah sí, fulanita de tal te tiene un chalet por Liméns' Ai si? non me digas, aínda non me enterei que esa zona estaba colonizada.

    60. Para que queremos pubs tendo furanchos?

    61. Agasallar xoguetes eróticos de Lo + dulce.

    62. Os centos de books de fotos que están feitos en Massó.

    63: So hai dúas rotondas recoñecidas en Cangas: A do ghordo e a dos mexilóns.

    64. O cruce do Galax.

    65. Deixar moir claro que por enriba de todo Cangas é mellor que Bueu, que Moaña, que Marín, e sobre todo: É MELLOR QUE VIGO.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook