Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 01
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Xornada de infarto na Ligue 1

    Francia viviu esta fin de semana unha xornada importantísima tanto na Ligue 1 como na Copa de Francia. Nesta segunda competición xa hai campión, o Olympique Lyon. Cun xogo rácano e un solitario gol de Lisandro López os de Lyon volven a erguer un título e lembrar as boas épocas dos últimos anos. Rompeu o soño dunha pequena vila de 26.000 habitantes situada na Alta Normandía: Le Grand-Quevilly. O seu equipo, o modesto Quevilly, que xoga na Terceira División, sorprendeu a todo o país acadando a final da Copa despois de eliminar a varios conxuntos de Primeira como o Rennes e o Marsella. Axudados, sen dúbida, por xogar como locais nun torneo onde as eliminatorias se xogan a un só partido. A ver se aprenden de emoción na Federación Española e se aplican o conto.

    A final, no Stade de France, era outra cousa, e aínda que os do Quevilly loitaron ata o últmo minuto apenas inquedaron a portería que defendía Lloris. Unha mágoa. Estas historias de modestos entre os grandes sempre adoitan rematar de igual forma.Iso sí, os de Terceira teñen as opcións intactas para xogar na Europa League o vindeiro ano.

    Na liga a xornada foi propicia para o Montpellier que xa ten todo de cara para ser campión. Un golazo de Belhanda -auténtico pilar deste equipo xunto co dianteiro Giroud- deulles outra victoria en Toulouse. O PSG, pola súa banda, errou fronte ao terceiro, o Lille, que aínda debe xogar contra o Montpellier. Pastore abriu o marcador para os parisinos xa na segunda parte, pero entón apareceu a estrela belga do Lille: Hazard. Primeiro igualou de penalti e despois sacou un centro antolóxico, de rabona, tan precioso que a un lle dan gañas de facerse socio do Lille e xurarlle fidelidade eterna a este equipo. Ese pase ao área rematou co gol de Roux. O Montpellier xa suma +5.

     

    Doblete para o Olympiakos

    Valverde deixa a liga grega por todo o alto, cun doblete. Tras gañar a liga esta fin de semana venceu a Copa na prórroga. Gañou por 1-2 ao Atromitos e o español Fuster fixo o gol da vitoria para os de O Pireo. O adestrador Valverde gañou a pulso a fe que lle teñen os siareiros do Olympiakos.

     

    Partizán e Basilea barren

    No capítulo de ligas menores desta semana hai que destacar ao Partizán, novo campión da liga de Serbia tras gañar por 0-4 ao Borac. Barreu no campionato e xa ten 12 puntos máis que o segundo clasificado.

    O mesmo ocorreu en Suíza. O Basilea que asombrou a Europa na Champions League dominou con claridade a liga local, marcada por algún que outro escándalo de impagos en equipos chamados a disputarlle o título. Os liderados por Frei venceron por 3-1 ao Lausanne e sacan nada menos que 18 puntos ao Lucerna.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook