Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 15
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un gol de Aït-Fana que vale máis de media liga

    Na Ligue 1 de Francia o soño do Montpellier mantense intacto e está a piques de facerse realidade, apenas queda unha xornada, a próxima fin de semana e contra un Auxerre que xa está descendido. Pero a piques estivo de complicárselle a vida ao modesto Montpellier, que leva líder case toda a tempada e pode alzar o seu primeiro título ligueiro de primeira división. Foi un gol de Aït-Fana no minuto 94 despois dun carrerón tirando de raiba de Giroud, que meteu un pase da morte dende a banda dereita. Supera así ao poderoso Lille e mantén os tres puntos de vantaxe sobre o rico PSG. Ese gol invalidou a vitoria dos parisinos, por 3-0 ante o Rennes e con tres goles do excéltico Nené, unhas das claras estrelas desta liga francesa. O PSG queimará o seu último cartucho contra outro equipo bretón, o Lorient.

    Todo de cara para que o Montpellier dea unha machada máis que merecida.

     

    Batalla campal en Turquía

    En Turquía finalizou onte o play-off polo título e o fixo co Galatasaray campión tras empatar a cero na casa do Fenerbahce. O derbi de Istambul foi unha batalla campal, tanto na grada coma no campo. Por desgraza se prolongou nas rúas da cidade cun triste resultado de feridos e detidos. O Galatasaray xa fora o equipo máis regular na primeira fase da liga.

     

    O Slask de Breslavia volta a ser grande

    Quero rematar este repaso de ligas europeas poñendo o acento sobre o novo campión de Polonia, o Slask da cidade de Breslavia, un conxunto que se impuxo aos grandes do país e acadou a súa segunda liga, a primeira data de 1977. Aínda así, a sensación da Ekstraklasa –liga polaca- foi o punta letón Artjoms Rudņevs, que con 24 anos foi o máximo artilleiro da competición con 21 goles. Xoga no Lech Poznan que rematou cuarto.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook