Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 30
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un Athletic brillante e Raúl ou o espectáculo da terceira idade

    Nos encontros de ida dos cuartos de final da Europa League o máis chamativo foi o 2-4 que acadou o Athletic Club en Gelsenkirchen. Fernando LLorente, Muniain ou De Marcos confirman aos bilbaínos como un dos equipos de moda do continente. Enfronte tiñan a un FC Schalke 04 que deixara atrás o seu baixón de resultados na Bundesliga comandados por un Huntelaar en estado de gracia. Sen embargo foi Raúl o MVP. Camiño dos 35 anos e en plena terceira idade (futbolística) o dianteiro español anotou dous goles e ben puido facer o terceiro se Iraizoz non tivera unha grande intervención. É máis que destacable a fame de gol dun home que leva vivindo dentro da área rival dende que era pouco máis ca un adolescente.

     

    O Atlético encarrila a eliminatoria

    No Calderón e ante un Hannover que pasa por ser o equpo menos alemán dos alemáns, os do Cholo Simeone enarrilaron a eliminatoria vencendo por 2-1, con goles do tigre Falcao -moi raro sería que Jorge Mendes non incremente este verán a súa conta corrente vendedo ao colombiano a un equipo de primeiro nivel mundial- e do talentoso Salvio. Alemaña non será un camiño de rosas, mais semella que os colchoneros non pasarán excesivos apuros e seguirán a soñar con acadar unha nova Europa League, e iso que aínda teñen recente na memoria a gañada en 2010.

     

    O líder da Eredivise pon contra as cordas ao Valencia

    O AZ Alkmaar lidera a Liga Holandesa -aínda que todo apunta a que o título será novamente para un Ajax de Ámsterdam que hai 8 semanas estaba desahuciado e agora vai coma un foguete- pero non quere renunciar a un título europeo. Onte, os que teñen a Altidore como estrela principal, venceron por 2-1 ao Valencia. De todos os xeitos, en Mestalla os españois non deberían ter problemas para acadar as semifinais e verse as caras co Atlético. Pero o Valencia non se pode permitir tantos erros defensivos nas xogadas a balón parado. Poderían acabar costándolle un disgusto.

     

    O Sp. de Portugal complícase á vida

    O cuarto encontro enfrontaba ao Sporting de Portugal co Metalist. Os ucranianos pecan de dianteira de calidade pero moi feble defensa. Iso aproveitáronno os lisboetas que, nunha notable segunda parte, se puxeron 2-0 arriba con goles do incombustible Izmailov ("Is my love" para os graciosos adeptos do Alvalade) e de Insua cunha preciosa falta. Sen embargo, os homes de Sá Pinto se complicaron a vida no último minuto. O porteiro Rui Patricio cometeu penalti e Xavier non errou dende os once metros. Ucraína promete ser un inferno para un Sporting de Portugal moi, pero moi, irregular e imprevisible nesta tempada.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook