Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 28
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Todo encamiñado cara as semifinais previstas

    Remataron os encontros de ida dos Cuartos de Final da Champions League e todo apunta a que non haberá sorpresas. O encontro a priori máis igualado era o Milan-Barça e se demostrou sobre o céspede cun empate sen goles. Os culés foron mellores, como cabría agardar, pero o Milan tivo ocasións para saír do encontro coa vantaxe. Desta volta Ibrahimovic non foi quen de marcar e errou varias oportunidades, algo raro nun crack sueco que cada ano se supera a si mesmo. Polémicas arbitrais ao marxe -cun claro penalti non pitado a Alexis- o máis chamativo foi a seriedade defensiva dun conxunto italiano que tiña a baixa sensible de T. Silva e que, para colmo de males, viron como Nesta se lesionaba e tiña que ser substituído no minuto 74. Sen embargo a vitoria está servida para un Barça que no Camp Nou non errará. Pero como sempre, unha posible sorpresa estará supeditada ao que sexa capaz de facer "Ibra" coas poucas oportunidades das que dispoña

     

    O Bayern, como unha bala

    O outro encontro de hoxe demostrou que o Bayern de Múnic non quere perder tempo no oxectivo de xogar a final na súa casa. Dominou claramente en Marsella ante un Olympique que, sen embargo, amosou unha alta capacidade para xerar perigo. O máis curioso foi que, despois de xerar múltiples ocasións, os xermanos anotaron dous tantos precedidos de sendas faltas e moi protestadas polos siareiros que se agolpaban nas bancadas do Vélodrome.

    O Bayern é, sen dúbida, o único rival que pode evitar unha final entre Barça e Madrid e impedir así que os medios volten a darnos a tabarra durante semanas cunha nova edición do "El partido del siglo". O oportunismo dun Mario Gómez que está a pulverizar todos os récords goleadores e un talentoso Robben apoiado en Muller mataron aos franceses. O Marsella é a o único representante que lle queda en competicións europeas ao país de Sarkozy.

     

    Pouco botín para o Benfica

    En canto aos xogos do martes, o máis destacado foi o vitoria por 0-1 que sacou o Chelsea de Di Matteo no Estadio da Luz. Trátase dun resultado moi positivo para encarar a volta en Londres, sobre todo cando se produxo ante un Benfica que, atencións mediáticas e petrodólares a un lado, ten máis talento na parte de arriba que os do barrio pijo de Londres. Aínda así, os visitantes estiveron a un grande nivel e aínda soñan con salvar unha tempada marcada pola "cama" que Lampard, Drogba e Terry lle fixeron a André Villas-Boas. Difícil, moi difícil o teñen uns portugueses en horas baixas tamén no campionato doméstico.


    Sen historia en Chipre

    En canto ao partido do Madrid, pouco hai que dicir. As diferenzas de orzamento se traduciron nun claro dominio branco. Un non comprende como o Apoel chegou ata cuartos de final. O que fala moi pouco de Lyon e FC Porto entre outros. Aínda que o conto de Cincenta é moi bonito, os de Nicosia non van protagonizar ningún capítulo máis este ano. Aguantaron o que puideron, pero Marcelo e Kaká na segunda metade romperon o choque e o olfato de gol de Benzemá foi suficiente para que os de Mourinho pensen xa en manter a distancia co Barça na Liga.

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook