Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 06
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Todo aberto nos oitavos da Libertadores

    A Copa Libertadores encara, a semana que comeza mañá, os encontros de volta dos oitavos de final, e a estas alturas podemos dicir que todo está aberto, e de que maneira!

    Tralos empates sen goles entre Internacional e Fluminense, con todo por decidir en Río de Janeiro, e a derrota de Santos por 2-1 contra o Bolívar boliviano, que non debería supor un problema para o Peixe fóra da altura dos Andes, a semana que se pecha hoxe deixounos algún resultado sorprendente. Quizáis o máis chamativo sexa a derrota do Universidad de Chile en Ecuador, na cancha do Deportivo Quito. Os chilenos eran unha das sensacións desta Libertadores, como xa o foron na recente Copa Sudamericana que conquistaron. A marcha de Vargas ao Nápoles non lles estaba a afectar en demasía ata que chegaron a Quito. Dous goles de Alustiza, un de Checa e outro de Martínez deixan as cousas de cara para os andinos. Todo apunta a que esta é a eliminatiroa máis sentenciada. O resto está aberto.

    Corinthians, cun home menos dende o minuto 52, colleitou un empate en campo do sempre sorprendente Emelec. Os paulistas teñen todo de cara para avanzar a cuartos de final. Vasco impúxose por un 2-1 ao Lanús arxentino. Chamou a atención o ben que saíron os brasileiros ante un Lanús que se caracteriza por un fútbol bonito e pólvora no ataque. Alecsandro e Souza adiantaron ao Vasco na primeira metade. Pero cando podían sentenciar e ir máis tranquilos a Arxentina, os locais se durmiron e Regueiro, coñecido da liga española, acortou distancias e anotou un gol que pode ser decisivo no desenlace da eliminatoria.

    Boca Juniors, pola súa banda, meteuse en máis líos dos necesarios. Gañou por 2-1 ao Unión Española de Chile, pero vencía no minuto 24 co primeiro gol de Riquelme na competición e semellaba un xogo máis que doado. O empate de Jaime no tramo final do encontró levou o nerviosismo á bancada xeneize, que apenas puido mitigar un gol do punta “Tanque” Silva a falta de un minuto para os 90. Sufrirá máis da conta o Boca.

    Tremendamente igualada está a elimintaria entre o Cruz Azul mexicano e o Libertad do Paraguai. Empate a un gol no país norteamericano e todo por decidirse en Asunción.

    Por último, Vélez Sarsfield deu a machada e venceu 0-1 con gol de Bella en casa da auténtica revelación do torneo, o Atlético Nacional de Colombia, que todavía non ten todo dito e terá que poñer toda a carne no asador en Arxentina.

     

    Así pois, a sorte está servida e esta semana oito equipos deberán dicir adeus á máxima competición continental de Sudamérica. A miña aposta: Vexo pasando a Santos e Boca, Corinthians tampouco creo que teña problemas. Lanús penso que se pode desfacer de Vasco. Os outros “grandes” , o Fluminense e o Internacional terán un duelo a vida ou morte. Non me atrevo a prognosticar nada, mais é verdade que o Inter, pese a estar a menor nivel, ten máis experiencia neste tipo de eliminatorias. Todo depende de se o Flu recupera a Wellington Nem.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook