Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 21
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Sorpresa despois de 900 millóns de euros?

    O fútbol é o deporte máis imprevisible que hai. Iso é o que o fai tan especial e tamén o que o alonxa do resto de deportes. Non sempre gaña o que mellor xoga nin o que mellor o fai. Na Champions League deste ano pasou exactamente iso. O Chelsea se impuxo na final ao Bayern de Múnic a penaltis tras empatar a un gol no tempo regular. Cun fútbol destructivo, aínda que tamén válido, Roberto Di Matteo logrou sacarlle partido ao seu equipo, consciente das súas limitacións, e perpetrar un novo "maracanazo" no Allianz Arena de Múnic.

    Ninguén discute o talento de Mata, Drogba, Ramires ou o que todavía retén Lampard, sen embargo, o que resulta extraño é que se convirta nunha sorpresa que gañe a Champions un equipo cuxo propietario, Abramovich, investiu perto de 900 millóns de euros en nove anos. É posible que a xeración de Lampard, Terry e Drogba se merezan o máximo torneo continental, e probablemente esta fora a súa última oportunidade. O soño do multimillonario ruso acadouse xusto cando máis difícil parecía, tras tantos anos quedando ás portas. Medo dá pensar a festa que se tivo que montar no iate.

    Por extraño que pareza, imponse unha renovación nos Blues, é preciso dar carpetazo a esta xeración e apostar por xente con fame de títulos e que non se crea máis importante que a propia entidade, ata o punto de facerlle a cama ao adestrador, como fixeron este ano con André Villas-Boas.

    En canto ao Bayern, a tempada foi desastrosa, pese ao seu bo fútbol e excepcional plantilla. O Dortmund coverteuse na súa bestia negra, levándolles a Bundesliga por segundo ano consecutivo e a final da Copa de Alemaña por goleada. A inesperada derrota do sábado deixa moi tocados aos bávaros. Ribery e Robben seguro que chegan con raiba á Eurocopa. Máis pólvora se cabe para as seleccións de Holanda e Francia.

    Por certo, o erro no penalti de Schweinsteiger só demostra unha vez máis que nas grandes citas sempre erran os máis grandes. E polémicas con Sergio Ramos aparte, hai que recoñecer que o porteiro xermano Neuer ten bemoles para tirar un penalti, que marcou, en plena tanda da final da Champions.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook