Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 19
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Santos e Fluminense coróanse nos estaduais

    En toda Europa están a finalizar as ligas de fútbol pero en Brasil arrinca esta fin de semana. Coa Copa do Brasil aínda en cuartos de final, hai sete días concluíron os campionatos estaduais, unha auténtica festa no fútbol local na que se viviron unha morea de derbis á vez. Hai que tirarlle das orellas ás cabezas pensantes que decidiron poñer todas as finais o mesmo día –o domingo- e a mesma hora. Imposibilitando que os siareiros poidan ver varias finais en directo pola televisión.

     

    Nos dous máis importantes –o Carioca de Río de Janeiro e o Paulista de Sao Paulo- se impuxeron os que son probablemente os clubes máis en forma do xigante sudamericano. O que o tiña máis doado era o Santos de Neymar, que non se medía a outro dos catro grandes de Sao Paulo. O finalista foi o Guaraní, da cidade de Campinas. Os Meninos da Vila venceron a ida por 0-3 e a volta por 4-2. Iso si, os dous choques se disputaron en campo neutral, no mítico Morumbi da capital paulista. Terceiro campionato estadual consecutivo para un Santos que aplasta a un rival tras outro nos últimos tempos.

    No Carioca o Fluminenese desfíxose do Botafogo na finalísima, tamén a dobre partido, como adoita ser habitual neste tipo de campionatos. Un 4-1 na ida e outra vitoria dos "pijos" de Río por 0-1 na volta deixa en moi mal lugar a un Botafogo que non xoga Libertadores e polo tanto tiña todas as esperanzas postas no Campionato Carioca. A ver como se desenvolve na Serie A que arrinca hoxe mesmo.

    En canto aos outros estaduais importantes –hai nada menos que 26 estados- destaca a vitoria do Internacional de Porto Alegre en Río Grande do Sul, o chamado Campionato Gaúcho. Sen embargo Inter sufriu máis da conta para desfacerse do Caxias, que non é un dos grandes. Empate a un tanto na ida. O domingo pasado o Inter perdía 0-1 pero acabou por remontar grazas á participación do talentoso e xoven mediapunta Óscar. 2-1 para os colorados finalmente.

    No Campionato Mineiro impúxose o Galo, é dicir, o Atlético Mineiro. Tras unha nova decepción de Cruzeiro, o Atlético xogaba a final contra o terceiro equipo en historia, o América de Minas Gerais.  Un 3-0 na segunda man para o Galo desfixo o empate a un gol da ida.

    Fóra dos catro estaduais grandes destacan outros como o Baiano. Nun dos mellores clásicos do país, entre o Bahía e o Vitoria, ámbolos dous aínda vivos na Copa do Brasil, impúxose o Bahía  tras dous empates: un sen goles e outro a tres tantos.

    No Cearense tampouco foron quen de gañar un partido os dous finalistas. O derbi entre Ceará e Fortaleza rematou co título para os primeiros despois dun empate sen tantos e doutro a un gol. No Campionato Goiano, ocorreu algo semellante. O Goiás, equipo máis laureado do Estado, venceu ao Atlético Goianiense.

    En Pernambuco o histórico Santa Cruz sufriu pero se desfixo doutro dos grandes, o Sport. En Santa Catarina se viviu un dos grandes clásicos do país, entre os dous pricipais equipos de Florianópolis. Curiosamente o Avaí, recén descendido a Serie B, se impuxo con facilidade a un Figueirense que esta mesma semana comeza a súa andanina, un ano máis, na Serie A.

    En Paraná o Coritiba gañou a penaltis fronte ao Atlético Paraneanse. En Pará, no norte, o Remo, o equipo que move alí multitudes, perdeu contra o Cametá. No Amazonas o novo campión é o Iranduba. No Alagoano impúxose o CRB ao ASA e no campeonato de Brasília Luziania e Ceilandia aínda se miden hoxe no encontro de volta. Vantaxe para o Ceilandia, equipo máis clásico.

     

    The Strongest manda en Bolívia

    Sen saír de Sudamérica hai que mencionar a recente vitoria de The Strongest, un dous dous clásicos do país andino, na liga local por segunda temporada consecutiva. Os de La Paz sufriron moito esta vez e remataron empatados a puntos co San José. O outro grande da capital, o Bolívar, pagou a súa clasificación para oitavos de final na Copa Libertadores e rematou unha tempada garrafal no noveno posto dos doce equipos que compoñen a Liga Profesional Boliviana.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook