Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 21
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Rumanos, bielorrusos e Oscar

    A primeira xornada da Champions League foi interesantísima. Sobre todo polas dúas sorpresas principais, que foron as victorias do Bate Borisov bielorruso e do CFR Cluj rumano. Os bielorrusos arrasaron ao Lille en Francia. Semella que o Lille todavía non dixeriu a venda de Hazard. O caso é que os visitantes amosaron as súas cartas: Non queren ser unha comparsa na Champions League deste ano e convertiron un sistema a priori ultradefensivo na mellor estratexia para gañar o control no centro do campo e, con saídas rápidas, machacar aos franceses. Con Mozolevski no banco de suplentes, foi Rodionov o que asumiu a lideranza en ataque do FC Bate nun encontro que ficará gravado na memoria dos seus siareiros.

    O Cluj, pola súa banda, sorprendeu claramente a un Sporting de Braga ao que venceu, en Portugal, por 0-2. Alarma a facilidade coa que gañaban as costas da defensa lusa. Ambos tantos, para maior simbolismo, os marcou Rafael Bastos, ex do Sporting de Braga. Este brasileiro apenas leva outros dous tantos en seis encontros desputados na liga rumana.

    Pero a aparición da xornada foi a de outro brasileiro: Oscar. Fixo bos os máis de 30 millóns que o Chelsea pagou ao Internacional de Porto Alegre polos seus servizos. O medallista olímpico anotou os dous goles dos londinenses, ambos de belísima factura, sobre todo o segundo. Non serviu para gañar, porque a Juventus voltou a elite do fútbol europeo e o fixo para facerse notar. Oscar amosou que o seu talento en Brasil e o seu protagonismo crucial no torneo olímpico que completou Brasil -medalla de prata- non foi un espellismo. Apenas precisou adaptación ao ritmo alto do vello continente.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook