Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 08
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Primeiro título do Chelsea este ano?

    O Chelsea, cun Drogba que está rematando a tempada de xeito espectacular e non pasan os anos por el -mágoa que outra vez se quedase ás portas de gañar a Copa África de Nacións- e un Ramires cada vez máis regular e xa indiscutible na selección canarinha, venceu esta semana a FA Cup ao Liverpool. O da cidade dos Beatles fiaron toda a tempada ás copas e non lle saiu ben de todo. Polo menos o título da Copa da Liga lle permitirá xogar a Europa League a vindeira tempada. O sempre cuestionado Carroll puxo o definitivo 2-1. Quen lle diría a Di Matreo hai uns meses que ía estar nesta situación cando asumiu o mando trala destitución de Villas-Boas: Sumou unha FA Cup e ten por diante a final da Champions League, que suporía un entorchado que o Chelsea procura dende hai anos, aínda que con tantas baixas e na casa do Bayern de Múnic a cousa semella complicada.

     O City, coa Premier na man

    En Liga o City non errou fronte ao Newcastle e ten media liga no peto. Os de Manchester desperdiciaron moitas ocasións ata que no minuto 70 apareceu o mellor xogador de África en 2011, Touré Yayá, para inaugurar o marcador. El mesmo faría o 2-0. De nada serviu xa a vitoria do United por outro 2-0 ante o Swansea. Só resta unha xornada, e apenas unha debacle faría que o City pinchase ante o Queens Park Rangers, aínda que os londinenses se xogan a permanencia e esa motivación, xunto con algunha prima que poidan aportar os de Ferguson, poderían supor a campanada.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook