Blog 
Mundo Esférico
RSS - Blog de Francisco José Gutiérrez Sas

El autor

Blog Mundo Esférico - Francisco José Gutiérrez Sas

Francisco José Gutiérrez Sas

Periodista al que le encanta el fútbol en cualquier rincón del planeta.

Sobre este blog de Deportes

Blog de opinión sobre fútbol internacional, tanto de campeonatos más mediáticos como de los más desconocidos.


Archivo

  • 13
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Polonia resístese a deixar a súa Eurocopa

    Os encontros de onte da Euro 2012 deixaron claro que este torneo non é doado para ninguén,. Nin sequera Rusia, que nun grupo frouxo e tras a goleada da primeira xornada tiña posta a directa de cara aos cuartos de final, puido selar nesta segunda xornada o seu pase. E iso que comezou marcando por mediación de Dzgaoev, o terceiro gol do xogador do CSKA de Moscova que pasa por ser a sensación do torneo. Pero Polonia amosou, ao igual que no primeiro tempo contra grecia, unha grande capacidade de contragolpe, cuns ataques rápidos tanto por bandas como máis verticais, lideradas sobre todo polos xogadores do Borussia Dortmund: O grande Lewandowski, o extremo Blaszczykowski -que fixo o gol do empate na segunda parte- e o lateral dereito Piszczek. O malo de Polonia: que as rachas de bo fútbol e derroche físico se alternan con momentos nos que desaparecen do campo. Uns momentos nos que se impuxo sobre o céspede a calidade rusa nun encontro no que para uns e para outros había máis en xogo que tres puntos, como puxeron de manifesto os siareiros máis radicais con enfrontamentos antes do partido.

    A segunda xornada neste Grupo A pechouse cun acto de xustiza, o triunfo da República Checa fronte a Grecia por 2-1. Hay que recoñecer que os gregos están a ter mala sorte neste torneo e onte xa perdían por 0-2 no minuto 6. Digo acto de xustiza porque o fútbol de toque checo non merecía a imaxe que deixan os catro goles encaixados frotne a Rusia. Sen embargo, os checos voltaron a pecar de saír moi ben, conducidos por Rosicky, pero apagarse moi rápido, xusto tanto como deixa de brillar o mediapunta do Arsenal. A comentar o tremendo erro do porteiro grego Chalkias e os intentos dos helenos por voltear o marcador, ás veces con máis espírito que talento. Só Gekas recortou distancias no minuto 53 tras un erro tamén grave neste caso da defensa checa. Todo apunta a que na última xornada a República Checa e Polonia se xogarán o pase á seguninte rolda. Grecia non debería ter opcións fronte a Rúsia.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook